eoidevigo on Outubro 27th, 2011

Poema: Popular Música: (Tradicional) Uxía Senlle VÍDEO   UXIA _ CRISTINA FERNANDEZ – ALALA DAS MARIÑAS Teño unha casiña branca na Mariña entre loureiros, teño paz e teño amor e estou vivindo no ceo. Ailalala, ailalala.. E adiós á miña casiña, portelo do meu quinteiro, auga da miña fontiña, sombra do meu laranxeiro Ailalala, ailalala..

Continue reading about Alalá das Mariñas

eoidevigo on Outubro 25th, 2011

Nesta segunda entrega ofrecemos 12 locucións adverbiais máis ou menos correntes recollidas na viguesa freguesía de Matamá. Están tiradas do interesantísimo traballo titulado Fraseoloxía de Matamá (Vigo) publicado en Cadernos de fraseoloxía por unha  antiga alumna nosa, Anxos Hermida Alonso. Pódese ver o traballo completo nesta ligazón: http://www.cirp.es/pls/bdox/inv.cfg_detalle?p_id=290 Para esta publicación adaptamos lixeiramente as entradas […]

Continue reading about 12 locucións adverbiais

eoidevigo on Outubro 25th, 2011

Ola a todos, amigas e amigos: Comezamos un novo curso informándovos da primeira reunión deste ano académico do Club de lectura. Como sabedes, foi antonte, mércores 19 de outubro. O que decidimos foi o seguinte: a) Continuar coa lectura de Merlín e familia, de Álvaro Cunqueiro, que ficara n’O camiño de quita e pon. Tendo […]

Continue reading about Club de Lectura 2011-2012

eoidevigo on Outubro 25th, 2011

Poema: Celso Emilio Ferreiro, “O lobo” Música: Suso Vaamonde VÍDEO Galiza insubmissa-flv O LOBO Detrais de cada home está ouveando un lobo. Un lobo que te come e ten comesto ó pobo. Canto pode perderse telo xa ben perdido. Pro non hai que doerse nin rosmar un laído. Canto pode chorarse telo xa ben chorado. […]

Continue reading about O lobo

eoidevigo on Outubro 23rd, 2011

Poema: Álvaro Cunqueiro Música: Amancio Prada Por oír a unha rula decir de amor, amiga, namorado vou! Por mirar as cerdeiras como botan fror, amiga, namorado vou! Por verte e non te vere no verde prado, amiga, namorado vou! Porque non me non queres por teu namorado! amiga, namorado vou! No vento porei este meu […]

Continue reading about Amiga, namorado vou

eoidevigo on Outubro 22nd, 2011

Continue reading about O carro galego

eoidevigo on Outubro 21st, 2011

Poema: Manuel María Música: Fuxan os Ventos Non canta na Chá ninguén, por éso, meu carro canta, canta o seu eixo tan ben que a señardade me espanta. Non hai canto tan fermoso: fino coma un asubío, anque é, as vegadas, saudoso faise no ar rechouchío. O meu carro é cerna dura: sábese carballo e […]

Continue reading about O carro

eoidevigo on Outubro 20th, 2011

Este é outro dos aspectos que provocan vacilacións á hora de escribir correctamente as palabras que teñen esta terminación. Aquí volas damos clasificadas para unha mellor referencia de busca. Palabras en “-idade” Alteridade ancianidade brevidade brusquidade price of cialis Calidade calosidade castidade catividade Consanguinidade contemporaneidade curtidade desconformidade Descontinuidade dispoñibilidade enfermidade escuridade Falsidade fastosidade frouxidade gravidade […]

Continue reading about Palabras rematadas en -dade / -tade

eoidevigo on Outubro 20th, 2011

Todos nós podemos contribuír á recuperación da riqueza do noso idioma. É sinxelo. Trátase de o usarmos o mellor que saibamos e de o mellorarmos estudándoo e coñecéndoo mellor. Tamén podemos axudar a difundir formas (palabras, expresións, acepcións) que coñezamos e que ás veces non son moi coñecidas. Desta maneira contribuímos ao coñecemento de equivalentes […]

Continue reading about Dicionario fraseolóxico

eoidevigo on Outubro 19th, 2011

Poema: manuel Curros Enríquez, “O Maio” Música: Luís Emilio Batallán

Continue reading about Aí vén o Maio