Poema: Celso Emilio Ferreiro, “O lobo”
Música: Suso Vaamonde

VÍDEO

Galiza insubmissa-flv

O LOBO

Detrais de cada home
está ouveando un lobo.
Un lobo que te come
e ten comesto ó pobo.

Canto pode perderse
telo xa ben perdido.
Pro non hai que doerse
nin rosmar un laído.

Canto pode chorarse
telo xa ben chorado.
Pro non hai que calarse
nin sentirse abafado.

Podés todo ganalo
se despertas e loitas.
Co corazón che falo
galego que me escoitas.

A túa hora é esta:
colle a fouce meu povo,
ergue a testa, protesta
e dempois mata o lobo.

One ResponseO lobo to “”

  1. Moitísimas grazas por esta marabillosa información.
    Fun ver a película (por certo que estiven con “Morris”, dixo que e aínda non a mirara). Gustoume moito, é unha pena que en Vigo a xente non vaia a este típo de películas.

    Vosa Carmen