Poema: Popular
Música: (Tradicional) Uxía Senlle

VÍDEO

 

UXIA _ CRISTINA FERNANDEZ – ALALA DAS MARIÑAS

Teño unha casiña branca
na Mariña entre loureiros,
teño paz e teño amor
e estou vivindo no ceo.

Ailalala, ailalala..

E adiós á miña casiña,
portelo do meu quinteiro,
auga da miña fontiña,
sombra do meu laranxeiro

Ailalala, ailalala..

One ResponseAlalá das Mariñas to “”

  1. Paréceme dunha gran fermosura, tanto o poema como a voz e o sentimento que transmite Uxía. Foi unha ledicia escoitalo.
    Bene