Este é, sen dúbida, un dos apartados do noso léxico-ortográfico que máis nos leva a confusións. Como veredes son moitas as posibles realizacións, mesmo con casos pertencentes ás mesmas categorías; polo tanto, tomade boa nota e traballádeas con atención.

1. Acaban en –ENTE:

  • A maioría dos derivados de verbos da 2ª Conxugación:

 

Vertente, nacente atraente, pertencente, etc.

Excepcións: (des)obediente

  • Os seguintes derivados de verbos da 3ª conxugación:

 

Abrente Adquirente Asistente
Concernente Conducente Consistente
Contraproducente Deprimente Dirixente
Dormente Escribente Esixente
Incidente Intransixente Lucente
Maldicente Persistente Referente
Relucente Remitente Requirente
Residente Resistente Servente
Sobrevivente Supervivente Suplente
Transixente Tremelucente Vivente

 

2. Rematan en –INTE:

Oínte Radiooínte Saínte
Seguinte Sobresaínte Subseguinte

 

3. Rematan en –IENTE:

  • Os seguintes derivados da 2ª conxugación:

 

Obediente Desobediente

 

  • Os seguintes derivados de verbos da 3ª conxugación:

 

Balbuciente Expediente Nutriente
Parturiente Recipiente Saliente – Sobresaliente

 

  • Dentro desta conxugación, os derivados do verbo VIR rematan todos en  -VENIENTE

 

Conveniente Inconveniente Deveniente
Interveniente Proveniente  

 

  • Tamén rematan en –iente as seguintes palabras:

 

Aliciente Ambiente Autosuficiente
Cociente Coeficiente Consciente
Deficiente Eficiente Emoliente
Estupefaciente Excipiente Gradiente
Impaciente Incipiente Inconsciente
Ineficiente Ingrediente Insuficiente
Saliente Omnisciente Paciente
Rubefaciente Sobresaliente Subconsciente
Suficiente    

 

4. Rematan en –UÍNTE:

  • Os derivados dos seguintes verbos acabados en –UÍR:

 

Constituínte Concluínte Contribuínte Reconstituínte

 

5. Rematan en –UENTE:

  • Os verbos acabados en –FLUÍR:

 

Afluente Confluente Fluente Influente Subafluente

 

  • Os derivados dos seguintes verbos da 3ª conxugación:

 

Argüente Delincuente  

 

  • Tamén rematan en –uente as seguintes palabras:

 

Altilocuente Anuente Congruente
Consecuente Elocuente Frecuente
Incongruente Inconsecuente Infrecuente
Subsecuente