Na pasada reunión do club de lectura (14 de decembro) conversamos sobre os capítulos 10, 11 e 12 e acordamos levar lidos á próxima até o final do libro. Son os capítulos titulados Aquel camiño era un vello mendiño e A novela de Mosiú Tabarie.

A próxima reunión do Club de lectura será:

Día: cuarta feira (mércores), 11 de xaneiro de 2012

Hora: de 17.30 a 19.00

Lugar: aula 38 da EOI de Vigo

 

A seguir recollemos uns fragmentos da historia A serea grega.

Ouvirades a voz con que aquela fermosísima señora falando cantaba! Hai paxaros que teñen o canto misterioso, pro non hai comparanza que valla. Quen a ouvira polas mañáns en vez da rula!

***

Mentiría se dixese que puiden durmir co aquela febre apertada e inqueda que se me puxo no corpo. Un sentir louco que me roeu moitos días, e aínda agora que vello vou por veces me distrae, e vólvome porque paréceme que escoito, na auga que pasa, aquel manso dicir cantor que tiña, e medio en verso, e a min mesmo, louco, bulrándome, na ocasión pregunto: ¿que me queres, amor?

 

Tags: