• Un fanático é alguén que non pode cambiar de opinión e non quere cambiar de tema.
  • O erro da nosa época é que os homes non queren ser útiles, queren ser importantes.
  • As actitudes son máis importantes que as aptitudes.
  • Un optimista ve unha oportunidade en cada problema; un pesimista ve un problema en cada oportunidade.
  • Unha boa conversa debe esgotar o tema, non aos interlocutores.
  • Valor é o que se precisa para levantarse e falar; mais tamén é o que fai falla para sentarse e escoitar.
  • Pasei máis da metade da miña vida preocupándome de cousas que non ían pasar xamais.
  • Xamais no eido dos conflitos humanos tantos lle deberon tanto a tan poucos.
  • O éxito é aprender a ir de fracaso en fracaso sen desesperarse.
  • Persoalmente, sempre estou disposto a aprender, aínda que non sempre me gusta que me dean leccións.

Escolma e tradución de Chelo Fontán