Meses do inverno fríos

que eu amo a todo amar,  

                    meses dos fartos ríos                       

e o doce amor do lar.

Meses das tempestades,

imaxe da delor

que afrixe as mocidades

e as vidas corta en frol.

Chegade e, tras do outono

que as follas fai caer,

nelas deixá que o sono

eu durma do non ser.

E cando o sol fermoso

de abril torne a sorrir,

que alume o meu repouso,

xa non o meu sofrir.

R. C.

Made in Galiza

Capa de Made in Galiza

 

O 11 de xaneiro ás 18.00 teremos a primeira sesión do club de lectura do ano 2013.   Pode ser un bo momento para te incorporares á lectura. Falaremos de Made in Galiza de Sechu Sende (desde a páxina 75 ao final). Seguiremos tamén coa lectura de Follas Novas desde o poema A disgracia, pertencente á parte III VARIA. O lugar de reunión será a aula 17 da EOI de Vigo.

Podedes desde aquí: http://www.blogoteca.com/madeingaliza/index.php ver o blog de Sechu Sende.

Desde aquí aproveitamos para vos desexar un bo ano 2013.

Autor: Xosé Lois Barrio

Deica logo!!

One ResponsePrimeira sesión do 2013 do Club de lectura 5.1. to “”

  1. Muito formoso o poema de R.C. Paga a pena voltarmos à obra desta autora. Com certeza um clásico ainda que a miúdo mal lido.