eoidevigo on Xaneiro 30th, 2013

Autora da foto: Carmen Suárez Areal chanzo s.m. 1. Cada unha das superficies planas dunha escaleira, en que se vai pisando ao subir ou baixar. Sinónimos: banzo, paso. 2. Cada unha das travesas ou barras horizontais dunha escada, onde se apoian os pés. Sinónimos: banzo, paso

Continue reading about chanzo

eoidevigo on Xaneiro 24th, 2013

Nos pasados meses tivemos varias noticias sobre o decreto para o plurilingüismo no ensino. A primeira foi o informe do Consello de Europa no que nos achegan a súa preocupación pola redución do uso progresivo do galego en todos os niveis educativos desde a aprobación dese decreto e comprobaron que na práctica nin tan sequera se cumpren os niveis […]

Continue reading about Unha lingua para todos

eoidevigo on Xaneiro 23rd, 2013

Nesta cuarta entrega imos comentar unidades fraseolóxicas relacionadas coa alimentación, con comer. Todas elas foron recollidas polo Colectivo MLP. Vamos primeiro con dúas locucións moi correntes na nosa lingua: De quen come moi pouco dicimos que come como un paxariño ou como un pisco. Este último é o nome que lle damos na nosa zona […]

Continue reading about Perdóolle o mal que me fai polo ben que me sabe

eoidevigo on Xaneiro 2nd, 2013

Unha palabra pode revivir de dúas maneiras: volvendo a ser empregada despois dun esquecemento máis ou menos longo, ou empregándoa ben despois de a ter empregado confusamente ou mal por algún tempo. A palabra “enxebre”  vénse repetindo moito, e, non obstante, hai que a reanimar divulgando o seu nidio significado e tecendo arredor dela unha […]

Continue reading about Reviviscencia da palabra “enxebre”