Nos escasos intres de acougo que comporta a Festa do Nadal nunha familia numerosa como a miña, puiden contemplar, non sen certo abraio, as insospeitábeis mudanzas que aconteceron nos nosos costumes dende que generic cialis eu era cativa. Estas xuntanzas adoitan ser conxunturas axeitadas para “axexar” a evolución nas formas de pensar e estar neste mundo. Porén, algo do vello espírito permanece nas antigas tradicións como as panxoliñas, o aguinaldo, o Belén, a Tronca, os pratos tradicionais… Dende o meu punto de vista, o máis interesante prodúcese ao se mesturaren as distintas xeracións, desde os avós até os acabados de nacer. Neste ambiente prodúcese o milagre e a figura dos avós retoma o papel que merece; sen esquecermos mirarnos no futuro nos ollos dos máis pequenos. Mentres espreito os meus sobriños e sobriñas xogando con “laptops” e “tablets”, lembro con saudade os xogos doutras épocas, como o “Antón Pirulero”, as chapas, as adiviñanzas… e como percorriamos as rúas tocando pandeiretas ou zambombas até acadar o noso tesouro: o aguinaldo. Que ledicia cando obtiñamos algunha moeda e como nos sabían aquelas lambetadas… manxares de deuses! Mais, malia a hipnose das pantallas electrónicas, despois duns minutos, os netos volven estar coa boca aberta e sen pestanexar mentres escoitan os avós contando vellas anécdotas e historias doutras épocas.

A tronca

Na miña casa familiar non pode faltar o belén. A miña nai empraza os seus netos e netas unha mañá de decembro. Dunha caixa, recolleita con sumo coidado o ano anterior, saen figuriñas envoltas en papel de xornal de cando o home chegou á Lúa, e “se pone el belén”. Endexamais pode faltar a Estrela do Nadal e os Reis Magos de Oriente. Acordo que cando eu era cativa, cada mañá e por estrita orde, o meu irmán maior, eu e despois o meu irmán cerraportelos, achegabamos uns centímetros os Magos ao Portal. E cada mañá, a ameaza do negro carbón era máis e máis terríbel. Supoño que era a única maneira que tiñan os país de obter un pouco de sosego entre tanto balbordo infantil. Na miña familia, ese intruso vestido de vermello que acostumo ver a pendurar en balcóns, galerías e fiestras, aínda non gañou a batalla aos Magos e aos seus dromedarios. Este ano tamén pelexaron a vaca e a mula. Malo será! Co Belén xa “posto” a miña nai dá guirlache, aos seus axudantes. O guirlache é un doce tradicional feito con améndoas e azucre queimado. Unha auténtica delicia!

O cardo

Outro punto importante do Nadal é a comida. As reunión familiares viran en torno á mesa, e en Aragón os pratos típicos son: o “cardo”, a “borraja” e o “ternasco”. Os tres están para chuchar os dedos. Algunhas familias aproveitan estas xuntanzas para facer tarefas invernais que requiren as ceifas de moitas mans, como a “matanza do porco” ou a recolleita da oliva. Cómpre ás familias rurais non deixaren pasar esta oportunidade pois o despoboamento asolaga estas terras hai anos. Son momentos de traballo mais tamén de festa e ledicia.

A “borraja”

Por último, gustaríame faer cialis nomear un ritual ancestral en torno ao lume que aínda se conserva en Aragón. De orixe preneolítica, procura a prosperidade para a “Casa” e as súas xentes. Chámase “La Tronca” ou “La Toza”. Na primavera cando se vai ao bosque a recoller a leña para o inverno, resérvase o toro máis grande para o día de Nadal. É “La Tronca”. Colócase preto da cheminea ou do lar. Na zona oriental, faise “cagar a Tronca” unha vez bendicida,[i] os nenos da casa golpéana con paus até que saen dos seus ocos as lambetadas e agasallos que os maiores esconderon ás agachadas. Na zona oriental, bendise e quéimase un pouco cada día até Reis. Á cinsa atribúenselle poderes fertilizantes ou protectores de animais e persoas. A parte da “Tronca” non queimada gardábase no faiado para protexer contra os raios. Lembro os maiores da aldea dos meus devanceiros cantando entre risos, mentres os rapaces golpeabamos a “Tronca”:

“Tronca de Navidad,

manda al mayoral

que nos dé confites

la noche pascual.”

Oxalá nunca se perdan estes costumes tan nosos!

Pilar Abril Sáez

[i] http://www.youtube.com/watch?v=BKtdWFc6iUE&feature=share&%20list=UUuxx6NkNqScdAfv0BJx4QA