Marcial Valladares

 Este próximo venres, 1 de marzo, teremos connosco no Club de lectura 5.1 o profesor da Universidade de Vigo Xosé Antonio Fernández Salgado, máximo especialista na obra de Marcial Valladares e autor da mellor edición da novela Maxina, ou a filla espúrea. Falaremos con el sobre este importante autor do Rexurdimento e sobre a novela de 1880. Non o perdades. A sesión será a partir das 18.00 h na aula 17 da EOI de Vigo e está aberta ao alumnado de galego a ao club de lectura.