Soy Salvio, Otilia mía, tu Salvio, respondeu este con dolor.

Sí… Salvio… ¿Por qué no estabas entonces en el baile? Si estuvieras no magnetizarían a tu Otilia, tú la defenderías… ¿Verdad que la defenderías, Salvio? ¡Salvio mío!

 

Otilia

Non chores xa, malfadada xoia,

o mal xa feito che está,

oculto trala carauta da troula,

chegou a ti a maldade.

O demo traía nas mans

alento de esquecemento,

que vexou o teu candor,

e arrepiou teu contento.

Racháronse os teus soños,

fuxiu dos teus ollos a luz,

vagalume que na noite

fixo o sinal da cruz.

O froito agre da aldraxe,

ruxindo ao mundo chegou,

pregou cos seus aguillóns teus ollos,

pechou cun adival teu honor.

Foi tan grande a túa dor,

foi tan profundo o pesar,

que enxugou teu corazón,

e non foi quen de latexar.

Achegouse a ti o amor,

mais non foi quen de enfeitar,

engaiolou a túa razón,

e secou o teu pensar.

Chelo Fontán