A lectura d’As Voces Baixas, de Manuel Rivas, foi un debullar de gozo pola miña parte. Fun descubrindo unha morea de frases tan interesantes que me sentín na obriga de parar e reflexionar, enchouparme da súa xenialidade! Como se pode ser tan bo?

Sobrevivira aos infartos en segredo, pero eses silencios adoitan escribir en braille nalgún túnel do corpo.

A lingua galega era deste mundo, mais había un problema con ela. Lugares, momentos e situacións en que parecía un pecado nos labios.

Trouxo á miña memoria o Soño coa primeira cereixa do verán. Esa carabuña compartida polos beizos de Tino e o suposto acubillo dos de Lola.

Paseou polo meu recordo o son de Francisco alegre, corazón mío… tocado ao lonxe, polo saxo Chinita oculto tras un veo de néboa.

Non hai como poder botar de menos as cousas, iso amosa, que a vida foi cando menos amable con un.

Chelo Fontán

***

Unha loanza aos país de Manuel Rivas, xa que a pesar de ser unha familia humilde de labregos, cunha chiscadela venezolana, deixaron que os seus fillos puidesen estudar, e vós que o soubestes aproveitar.

E eu tiven que facer moito esforzo para reprimirme e non enviar unha información confidencial, procedente da infancia, e que ningún deles manexaba: “Non rompan máis a cabeza. Deixen de darlles voltas. Os celtas galaicos morreron electrocutados”.

Gerardo Lago

***

PRÓXIMA LECTURA:

 

 As rapazas de Xan de Manuel Iglesias Turnes

 (Edicións Xerais de Galicia)

 Continuamos tamén a lectura de Follas novas.

 Día: venres 19 de abril de 2013 a partir das 18.00

 Lugar: aula 17 da EOI de Vigo