Da lectura

 Cando leas, le intensamente. Máis incluso: intenta ler con maior intensidade da que o propio autor puxo na súa obra. Le con entrega, paixón e atención, implacablemente. Se cadra, o autor utiliza demasiadas palabras, mais ti le só as xustas. Se parco en palabras cando leas. Concéntrate en cada verba, unha tras outra, para adiante e para atrás, escoitando atentamente o libro, seguindo as pegadas que te conducen á súa parte máis profunda. Préstalles atención aos sinais secretos que o propio autor non percibiu e deixou escapar conforme avanzaba na inmensidade da súa obra. Non leas xamais con desprezo, coma quen non quere a cousa, coma aquel a quen convidan a un banquete de deuses e coa punta do garfo petisca na comida sen entusiasmo. Le con elegancia e sobriedade. Le coma se estiveses no patíbulo e o libro que tes nas mans fose o último que che levou á túa cela o carcereiro. Le coma se fose unha cuestión de vida ou morte, porque a lectura é o mellor regalo do ser humano. Ten en conta que de todos os seres vivos, o ser humano é o único que le.

 De Herbario, de Sándor Márai (tradución do húngaro de Fernando de Castro)

 ***

Despois do caloroso verán e da volta das choivas, xa no comezo do outono, volvemos con novas lecturas no Club de lectura 5.1. Convocámosvos pois á primeira xuntanza deste ano lectivo 2013-2014, que será para decidirmos o funcionamento do club. Decidiremos o día das reunións quincenais, a hora e as primeiras lecturas.

DÍA: 2 de outubro de 2013 (mércores)

HORA: a partir das 18.00

LUGAR: cafetaría da EOI de Vigo

Traede ideas para este ano.