eoidevigo on Outubro 31st, 2013

  Minas-me Veleno dourado…   Mineral que aniquilas vontades en toneladas de ignorancia, sotérrannos na morte   Contaminante inorgánico que circulas no sangue auga de cianuro, manchas   Bosques comidos, devorados aire tóxico, danos sociais   (A drenaxe ácida permanece por sempre na pel unha tatuaxe que nos castiga)   A mina mastiga H2O insaciábel […]

Continue reading about Branca de Loboso

eoidevigo on Outubro 31st, 2013

Viaxar no tren, e aínda viaxar en automóbil, con ser moito máis libre e máis humano ca viaxar no tren, e unha maior convivencia coa paisaxe, non deixa de ser, as máis das veces, viaxar como viaxan os baúis. Compréndese que se ande así unha terra estranxeira –especialmente porque non adoita haber tempo para máis– […]

Continue reading about Andar de a pé

eoidevigo on Outubro 14th, 2013

  Convocamos a primeira reunión do ano 2013-2014 para falarmos de Corredores de sombra de Agustín Fernández Paz. Levaremos lidas as 100 primeiras páxinas. Será este próximo mércores 16 de outubro na aula 35 da Escola Oficial de Idiomas de Vigo ás 18:00. Agardámosvos!

Continue reading about Lectura: Corredores de sombra

  Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística presentou a súa obra Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez. Por medio de anécdotas e pequenos contos, a obra ensina pequenos trucos e consellos para usarmos a lingua galega comodamente, de xeito vivo e puro. Para erradicar o medo máis que ao […]

Continue reading about Presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez