Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística presentou a súa obra Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez. Por medio de anécdotas e pequenos contos, a obra ensina pequenos trucos e consellos para usarmos a lingua galega comodamente, de xeito vivo e puro. Para erradicar o medo máis que ao gramatical, ao social.

Sinala Carlos Callón que é unha obra “pensada para que sexa útil para un público diverso, desde persoas que queren cialis-canada-pharma.com comezar a falar galego até estudantes de calquera nivel ou persoas que desexen melloralo”. A obra está a ter grande éxito e o seu autor pensa que “hai unha parte importante da nosa sociedade que non quere que se perda o noso único idioma propio”.

O autor, amais de presidir A Mesa, é profesor de Lingua e Literatura Galega.

Máis información en pontevedraviva.com, o xornal electrónico de información xeral de Pontevedra e a súa comarca.

Chelo