Benqueridos compañeiros do Club de Lectura 5.1

Ao voso carón neste mundo de couza (ama tanto os libros que ata os come).

Aprendín, a escoitar os libros con máis sosego e pracer.

Aprendín, a ler nos coloquios literarios dos meus compañeiros.

Aprendín, a mastigar o lido e a estampalo no papel para compartilo convosco.

Aprendín, o moito que se gaña escoitando a xente interesante.

Aprendín, a diferenza entre literatura e libro impreso.

Aprendín, que un bo libro ten que seducir dende as primeiras verbas e ao

final

deixarte coa ansia de volvelo ler e o devezo de compartilo cos demais.

Aprendín, que unha lectura desacertada axuda a definir o que é unha lectura acertada.

 

Contos de familia, J. A. Xesteira

O primeiro conto trouxo ao meu padal o sabor salobre de algo que lin hai un tempo.

No fondo non cambiei: continúo sentíndome incompatíbel coa inxustiza, sinto o mesmo impulso de protesta diante das brutalidades. A diferenza reside no feito de que, desde a miña adolescencia, a inxustiza e a brutalidade téñense estendido cada vez máis, mentres amortecía a capacidade de indignarse. ¡Que tristeza cando un medita sobre a indiferenza, a lamentable indiferenza actual.

Pau Casals

Téñovos que deixar.

Queridiños quen puidera,

seguir con vós a vogar.

Volverei sen dubidar,

cando poida acompasar,

ler, escribir e debuxar.

Grazas, Vémonos no camiño.

 Chelo F. C.