Esta receita é da miña nai, que conta que era o xeito tradicional de prepararen o polo na súa casa (Tameiga – Mos) para levaren ás romarías. Como era para levar e xantar en frío non se lle facía gornición, agás uns pementos asados, pero se se comía na casa facíanse gornicións de patacas (fritidas ou en cachelos)

Ingredientes:

un polo criado na casa aceite de oliva

allo e pirixel catro cebolas pequenas

unhas fías de azafrán sal

Xeito de o facer:

O pito na pota (foto de Marisa)

O polo pártese en talladas, non moi grandes, e quítaselle gran parte da pel e toda a ensulla que se poida, tendo en conta que os polos caseiros teñen bastante graxa debaixo da pel. Lávanse e sécanse as talladas.

Ponse ao lume unha tixola con aceite de oliva e, canda ela, unha pota grande noutro lume cun pouquiño de aceite de oliva e as online pharmacy cialis ceboliñas, de xeito que se vai dourando o polo a lume vivo (para que se derreta a graxa que lle quede) e, segundo van estando as talladas torradas, vanse botando na pota, que permanecerá a lume lento mentres non estea todo o polo incorporado.

O pito na prata (foto de Marisa)

Faise un adubo con allo, pirixel, azafrán e sal machucados no morteiro e bótase sobre o polo; engádese auga e un pouco de viño branco e déixase facer a lume medio durante 45 minutos (ou unha hora, se o polo non é moi novo)

María Luísa Alonso González