Cando baixan á ribeira débelles parecer que entran no paraíso. Alí medran as laranxeiras, as amendoeiras, as cidreiras. É a leda terra do viño, das froitas doces, das cántigas rexoubantes… Pavías, figos de vendima, béveras, pexegos, nésperas. Xa na Candeloria amósase a primavera e os días son quentes e as noites tépedas. Todo é dondo, risoño, amantiño. Cando a serra aínda está cuberta de neve, xa florecen as margaridas nos http://cialis-canada-pharma.com/ prados e os hortos acugúlanse de flores brancas e vermellas, que saúdan as anduriñas abaneándose suavemente. Estas, os cucos e os ouriolos teñen máis présa de chegar eiquí ca a ningures. Reiseñores e malvises engadan as noites coas súas frautas milagreiras…

Esta vez, no Club de lectura 5.1, achegámonos á obra de Ánxel Fole a través do seu primeiro libro de relatos en galego: Á LUS DO CANDIL, publicado no ano 53.

Trátase de catorce contos e un preámbulo. Este vén a ser unha introdución do lector na situación que se dá, para que xurdan as historias de contos arredor dunha mesa ao carón do lume nunhas noites de invernía.

O autor sitúanos, no inicio, na torre de Abrantes, do século XIV, e dálle voz ao administrador como narrador en primeira persoa, que será quen nos relate os contos, recollidos por el mesmo nesas noites tenebrosas.

Cada un dos relatos presenta un narrador independente e unha situación orixinal e extravagante, aínda que todas están relacionados pola mesma temática que forma parte da cultura e supersticións do pobo galego.

Atopámonos así con elementos fantásticos do mundo fantasmagórico e descoñecido, visións, trasnos, meigas, aparecidos e, case sempre pendurando, a morte…, que son os impulsores da narración, xa que, na maioría dos casos, son os cialis online usa responsables do desenlace destas historias.

Por tanto, mergúllanos nun realismo máxico, no que conflúe o costumismo localista con referencias á realidade material galega, cunha pormenorizada descrición da paisaxe, flora, fauna, tipos de vivenda cos seus obxectos, forma de vida, vestimenta e variantes da linguaxe dos seus moradores; así como as feiras e festas patronais e sen esquecer a importancia da gastronomía.

Con estes pormenores, o escritor móstranos a súa fascinación polas terras do Courel e suaviza as narracións un tanto tráxicas co predominio do tema da morte, as súas visitas e todos os elementos que a rodean.

Así e todo déixanos a porta aberta, con trazos de humor, para o sorriso a través d’As meigas atinan sempre, co desenlace final da perda do cabrito. Noutro conto, Os difuntos falaban castelao, xoga co equivoco e confunde as persoas con fantasmas saídos da tumba. Sen esquecermos O documento, cunha gran dose de ironía, ou O Lordanas, aínda que este acaba de forma tráxica.

Considero que é unha grande obra da literatura fantástica galega e compraceume moito a inmersión que fixen nela. Recoméndovola para que fagades o mesmo ou algo semellante.

Bene Freiría

One ResponseÁ lus do candil de Ánxel Fole to “”

  1. Que bo escrito, Bene, noraboa!!!nn1nn1