Violín de RVolve o Club de lectura 5.1. con O violín de Rembrandt, novela de Jorge Llorca gañadora do Premio Blanco Amor 2013. A sesión será nesta terza feira (25 de novembro) a partir das 19.05 na aula 32 da EOI de Vigo. Estades tod@s convidad@s. Anxel Fole: Á lus do candil Ánxel Fole, nado en Lugo o 11 cialis online de agosto de 1903 e finado na mesma cidade o 9 de maio de 1986, cultivou todos os xéneros literarios (narrativa, poesía, teatro e ensaio). En 1997 foille dedicado o Día das Letras Galegas. Á lus do candil, subtitulada Contos a carón do lume, é a primeira obra narrativa do escritor, editada por Galaxia en 1953. Catro fidalgos illados pola neve nunha torre da Serra do Courel pasan as noites contando contos á luz do candil. Os contos falan de lobos, de premonicións e de aparecidos. Introdúcenos na narración das historias d’A lus do candil un narrador que se presenta como o ademenistrador. El é o contador visíbel e outras veces invisíbel ou inexistente, de todo un mundo de relatos independentes que teñen como eixo común que son contados arredor dun candil e ao carón dunha lareira. Nos tempos pasados, cando aínda non había televisores e tiñamos a tradición oral, existía un tipo cialis 5 mg de sabedoría popular que foi desaparecendo de forma irremediábel polo dominio das máquinas ou a globotecnolización. Os 14 contos forman un libro ameno, agradábel á lectura e que te atrae e enfeitiza de principio a fin. Aínda que o léxico utilizado fai que sexa máis difícil de ler pola súa complexidade, tamén esa mesma dificultade fai que teña un valor engadido, un valor de estudo e/ou de aprendizaxe real.

Vista desde Paderne do Courel

Vista desde Paderne do Courel

Principiamos co primeiro conto, “Terra do Caurel”, aspra e forte, de inxente beleza… situado na Casa de Abrantes onde “a xente é sofrida, traballadora e seria”. Despois en “¡Viña do alen!” en pleno xaneiro polas terras de Lugo na Feira de Rubián, un feirante conta como ve un aparecido mentres xoga ás cartas cos amigos. O home do retrato, un gran retrato de marco dourado cun home vestido de negro morto había máis de vinte anos. E chegamos ao “Lordanas”, o enterrador, que morre dun terrorífico susto cando ve o tolo Montero nunha noite de cans, e que irremediabelmente confunde cun desenterrado. As historias seguen o seu curso enigmático e confabulador, con “Os lobos” e a “A caixa do morto”, o “Arxemiro” e un “Aleluia”, vemos “O espello” e a “Antón de Cibrán”, coñecemos “Os defuntos que falaban castelao” e “A cabana do carboeiro”. Todos os contos son diferentes e máxicos, pois teñen http://cialis-canada-pharma.com/ o encanto dun pasado enmeigado e dunha vida sinxela nas aldeas; por iso, cando lemos “O traxe de meu tío” e “As meigas atinan sempre” lembramos a memoria e soñamos con aquel tempo tan distante e tan próximo. Mais o final maxistral chega con “O tesouro”, que pecha o libro entre saloucos, Henri de Folch, onde todo comeza cun soño e cun tesouro nunha torre onde cabaleiros franceses e templarios, futuro e pasado, forman unha liña no tempo tráxica e sobrenatural con mortes e cunha historia de amor que aconteceu en Boade, poboación sobre do Val do Cabe. E así, rematamos á lus do candil, á luz do recordo, a nosa memoria cultural e antiga que oxalá nunca esquezamos. Porque somos un pobo nado na literatura oral e escrita, dominamos o don da palabra para resistir a saudade e tamén o poder da colonización, e seguir sendo NÓS sobre todas as cousas. Terra e forza, sempre!!! Rosa Martínez