Igual ca no ano anterior, neste ano lectivo que acaba de pasar (de outubro de 2013 a maio de 2014) lemos e falamos sobre obras de variado feitío. Desta feita foron tres novelas (Corredores de sombra de A. Fernández Paz, Branca de Loboso de Xesús Rábade e A intervención de Teresa Moure); dous libros de contos (Contos de familia de online cialis J. A. Xesteira e Á lus do candil de Ánxel Fole); un libro de poesía (Nimbos de X. M. Díaz Castro) e dous libros de prosa ensaística autobiográfica e xornalística (Herbario de Sándor Márai e Fin de século en Palestina de Miguel Anxo Murado). Pasaron o curso pasado polo noso club 17 persoas e a media de asistencia foi de sete. Cómpre destacarmos tamén como novidade o feito de comezarmos neste curso a lectura de traducións ao noso idioma (Sándor Márai), feito que terá continuidade en próximos anos. As temáticas foron variadas tamén: a memoria histórica na nosa terra, a arte e a defensa da natureza, o noso mundo antropolóxico e a narración que o recrea, a poesía dun poeta esencial, a visión do mundo dun autor húngaro e a crúa realidade dun conflito que non cesa, coma, infelizmente, tantos outros. A seguir van as portadas das lecturas deste ano 2013-2014.  

corredores de s A intervención Branca de Loboso

Xesteiraimg795 Sándor MáraiNimbos

Á lus do candil Fin de século

Mais, despois de lermos a derradeira obra de Begoña Caamaño, continuamos con máis. A lectura proposta é unha nova novela. Trátase de Renacer (Edicións Xerais) e está ambientada no renacemento italiano. O autor é Xabier Paz. Propomos unha primeira reunión para o 27 deste mes de xaneiro (terza feira, a partir das 19.05, na aula 32 da EOI de Vigo) para a que levaremos lidas até a páxina 104.