renacerNa próxima terza feira (24 de marzo) estará connosco o escritor Xabier Paz para nos falar da súa novela Renacer. Esta densa novela está ambientada no renacemento italiano e fálanos de Pietro Aretino, polémico escritor da súa época, da súa filla Adria, da situación das mulleres mais tamén de moi diferentes personaxes e asuntos: Tiziano, Leonardo, a arte, a filosofía… É, en definitiva, un completo fresco da cultura na Venecia do século XVI.

O encontro será a partir das 18:00 h na aula 31 da EOI de Vigo.writing an essay