A súa vida pechada nunha arca, exposta no papel. Non, a súa vida foi algo máis ca todo iso, nunca a escrita dará conta da vida. A arte imita a vida, e nin sequera el mesmo é quen de explicar clara e completamente o seu pasado con palabras. O remuíño de pensamentos é tan veloz, pensando que pensaría, tan enguedelladas nacen as ideas que, ao sentilas nacer, enlearse, esvaecerse, retornar, non podemos escribilas todas e cada unha delas ordenadamente.
Non se pode vivir de todo, nin se pode expresar a suma do vivido. Sempre debemos escoller, primeiro na vida e despois na arte. Eu escollín renacer, erguerme sobre a vulgaridade prescrita sen consideracións morais, calquera procedemento e medio foi lícito aos meus ollos, non podía reparar se quería atinxir unha vida digna de min. Pero na arte fixen case de todo. O artista é un escolmador que debe acertar na súa escolla elixindo o importante. Vivir tamén é escoller, renacer sobre as circunstancias, crear o propio destino. (Xabier Paz, Renacer, 2008)

Renacer, Xabier Paz
O libro non é unha simple lectura sen máis, vai máis aló. Non se conforma con quedar na tona dos datos nin dos acontecementos. Mergulla ao lector dun o doutro xeito no Renacemento da man das vidas de persoeiros que conforman a Historia na Venecia do século XVI.

Foi ilustrativo o encontro co autor. Falou da importancia de ter paixón polo saber, por podermos aprender algo novo e interesante cada día, por ter fame de sabedoría.

Facilitou, coas súas respostas, un achegamento máis vivo, facéndome por un intre viaxar a esa época e ampliar os meus reducidos coñecementos do Renacemento.

Interesante a PLUMA, que espallou a cultura desa Época levando a información ao papel.
Grazas. Deica outro encontro literario.

Chelo Fontán

Albo

Encontro con Fran P. Lorenzo

O próximo 19 de maio (terza feira) estará connosco o xornalista vigués Fran P. Lorenzo para nos falar da obra que estamos a ler, a novela Cabalos e lobos, da súa autoría. O encontro será na aula 31 a partir das 18.30. Estades convidadas.