Cabalos e lobos de Fran P. Lorenzo

FranGloria, para min, é o PERSONAXE, muller enigmática chea de contradicións cara aos demais, mais unha personalidade impactante de seu.

Thomas, o xermolo do portugués Pedro I o Conquistador e Paula, dará o chaleco salvavidas á familia e poderá ser libre de elixir como, onde e con quen.

O volframio e a Ría.
Na II guerra mundial, baixo o acubillo do franquismo, a nosa entrada do mar na terra foi acubillo de barcos alemáns. Nesta terra onde a pobreza era coma unha segunda pel, o volframio era transportado dende as minas até a nosa Ría, onde era embarcado nos barcos nazis que o levaban para reforzar o aceiro dos canóns do III Reich.

Uns poucos fixeron riqueza aproveitando aos presos republicanos como escravos, uns morreron alí e outros levaron a morte con eles no manto da silicose. Mais esta maldición non quedou no pasado, continúa presente arrasando coa nosa saúde e co patrimonio natural, cultural e paisaxístico.
E como non nos chegaba o xa feito, agora o estigma da nosa malferida terra cambia a pelaxe, antes de cor prateada e hoxe de Corcoesto dourado.

Para Pedro, esta novela infinita sobre unha cidade sen nome e as persoas que a habitaron un día.
Paula Costa. (Cabalos e Lobos)

Se é fermoso espallar ao mundo o amor á cidade que te viu crecer, dicilo na nosa lingua fai quecer as emocións no peito até chegar o estrondo do sen-sentido.
Fran, foi un pracer poder estar ao teu carón mentres compartías con nós o paso a paso do teu libro, o amor á túa cidade e a defensa da súa arquitectura.

Fran1(1)Parabéns polo teu ‘meniño’. Quedamos á espera de podermos compartir contigo outro momento de pracer literario con outro nome.
Goza do traballo ben feito.

Grazas.

Chelo Fontán

[Fotos de Gerardo e Chelo]