carrizo ou carriza:

Paxaro da orde dos paseriformes de pequeno tamaño, cor parda, rabo curto e ás arredondadas.Os carrizos fan un niño esférico cunha pequena abertura.

Referencias:

Portal das palabras
Galipedia

carriza:

1. carrizo (paxaro),

2. Vexetación formada por plantas da división das briófitas de ata uns cinco centímetros de altura, que cobre como unha capa os lugares en que hai humidade, sobre todo as pedras, a casca das árbores etc. A carriza cubría os cachopos da fraga.

SINÓNIMOS mofo, musgo

Referencias:

5690376315_226d156148Musgo:

1. Participio do verbo musgar: (1 Entornar [os ollos] a causa do sono, dun defecto etc. O neno ten sono, xa musga os ollos. 2 Poñer algúns animais [as orellas] cara a atrás cando quere atacar ou trabar. Non me gusta nada o cabalo cando musga as orellas.)

2 Adxectivo. [Ollos] entornados a causa do sono, dun defecto etc. Pon os ollos musgos, debe ser miope.

Adxectivo. [Orellas] inclinadas cara a atrás, cando un animal quere atacar ou trabar. A mula tiña as orellas musgas.

4. Carriza, brión.

Referencias:

Portal das palabras