Este foi o primeiro libro que lemos este ano, a fermosa novela A neta do señor Linh, escrito cun estilo conciso e exacto e nunha excelente versión galega de Isabel García Fernández. A historia, e o que non se di, lémbrannos a actualidade de millenta persoas que en pleno século XXI sofren as interminábeis guerras que non teñen fin.

[CLAUDEL, Philippe (2010): A neta do señor Linh. Cangas do Morrazo: Rinoceronte Editora]

 

Hai un vello de pé na popa dun barco. Entre os brazos aperta unha maleta lixeira e unha criatura acabada de nacer aínda máis lixeira que a maleta. (páx. 9)

Coa lectura deste libro sentín a tenrura dunha amizade de pel. Ás veces, perder o siso por amor é manter o equilibrio, outras a dor é tan forte que fai que quen a padece sexa a sombra dun monicreque indefenso.

Sang Diu…–repite con orgullo, porque lle parece moi bonita, porque se imita ao seu fillo, e á muller do seu fillo, e porque ao mirala lle vén á mente o querido retrato da súa muller. (páx. 50)

A empatía fíxose presente disfrazada dun ronsel de bágoas mornas.

Chelo Fontán Carrera

O señor Linh destapa un pouco a súa neta. Séntaa entre el e o home gordo. A nena abre os ollos. Fronte a ela ten o mar, a súa inmensidade. O vello tamén mira cara a alí. Vese outra vez no barco, e de súpeto véñenlle imaxes, amoréanse na súa mente, arrepiantes, odiosas e magníficas. Son coma puñadas caendo enriba del, baténdolle no corazón, na alma, no ventre, nos membros todos. Si, ao lonxe, no mar, moi lonxe, a días e días de distancia, acontece todo iso. Aconteceu todo iso. (páx. 62)

Gerardo Lago Rivero

Deixa unha resposta

v

You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>