eoidevigo on Maio 2nd, 2016

Club de lectura 5.1. Imos falar sobre: O MIÑO. UN CAUDAL DE HISTORIA (Ed. Xerais) do historiador Anselmo López Carreira       Día: martes 3 de maio de 2016 (derradeira   sesión) Lugar: aula 28 da EOI Hora: 17.30 Unha iniciativa aberta a todo o  alumnado e persoal da Escola de  Idiomas.     O Miño. Un […]

Continue reading about O Miño. Un caudal de historia

eoidevigo on Xuño 23rd, 2015

Cabalos e lobos de Fran P. Lorenzo Gloria, para min, é o PERSONAXE, muller enigmática chea de contradicións cara aos demais, mais unha personalidade impactante de seu. Thomas, o xermolo do portugués Pedro I o Conquistador e Paula, dará o chaleco salvavidas á familia e poderá ser libre de elixir como, onde e con quen. […]

Continue reading about Sobre Cabalos e lobos

eoidevigo on Maio 12th, 2015

A súa vida pechada nunha arca, exposta no papel. Non, a súa vida foi algo máis ca todo iso, nunca a escrita dará conta da vida. A arte imita a vida, e nin sequera el mesmo é quen de explicar clara e completamente o seu pasado con palabras. O remuíño de pensamentos é tan veloz, […]

Continue reading about Encontro con Fran P. Lorenzo

eoidevigo on Maio 4th, 2015

Renacer de Xabier Paz O día 24 de marzo tivemos o pracer de contar, no club de lectura 5.0, coa inestimable presenza de Xabier Paz, que nos deleitou cunha disertación acerca da súa novela Renacer. Esta obra mergúllanos no Renacemento dunha Venecia florecente que zumega arte e riqueza. Xabier Paz cóntanos como xurdiu esta obra […]

Continue reading about Cabalos e lobos de Fran P. Lorenzo

eoidevigo on Marzo 18th, 2015

Na próxima terza feira (24 de marzo) estará connosco o escritor Xabier Paz para nos falar da súa novela Renacer. Esta densa novela está ambientada no renacemento italiano e fálanos de Pietro Aretino, polémico escritor da súa época, da súa filla Adria, da situación das mulleres mais tamén de moi diferentes personaxes e asuntos: Tiziano, […]

Continue reading about Encontro con Xabier Paz

eoidevigo on Xaneiro 16th, 2015

Igual ca no ano anterior, neste ano lectivo que acaba de pasar (de outubro de 2013 a maio de 2014) lemos e falamos sobre obras de variado feitío. Desta feita foron tres novelas (Corredores de sombra de A. Fernández Paz, Branca de Loboso de Xesús Rábade e A intervención de Teresa Moure); dous libros de […]

Continue reading about A anada 2013-2014 do club de lectura 5.1 e máis lectura

eoidevigo on Novembro 26th, 2014

O meu Nome é Morgana. Morgana de Cornualles. Morgana de Tintaxel. Morgana de Ávalon. Morgana de Camelot. Morgana, a filla de Garlois. A irmá do rei. A sabia. A druída. A meiga. A fada. A bruxa. A puta. Chamádeme como queirades. Tanto ten. Son todas e non son ningunha, que en cada unha desas Morganas, […]

Continue reading about Morgana en Esmelle de Begoña Caamaño

eoidevigo on Novembro 24th, 2014

Volve o Club de lectura 5.1. con O violín de Rembrandt, novela de Jorge Llorca gañadora do Premio Blanco Amor 2013. A sesión será nesta terza feira (25 de novembro) a partir das 19.05 na aula 32 da EOI de Vigo. Estades tod@s convidad@s. Anxel Fole: Á lus do candil Ánxel Fole, nado en Lugo […]

Continue reading about Primeira lectura do ano 2014-2015

eoidevigo on Xuño 13th, 2014

Cando baixan á ribeira débelles parecer que entran no paraíso. Alí medran as laranxeiras, as amendoeiras, as cidreiras. É a leda terra do viño, das froitas doces, das cántigas rexoubantes… Pavías, figos de vendima, béveras, pexegos, nésperas. Xa na Candeloria amósase a primavera e os días son quentes e as noites tépedas. Todo é dondo, […]

Continue reading about Á lus do candil de Ánxel Fole

eoidevigo on Abril 4th, 2014

  A intervención de Teresa Moure Determinados poderes non permiten que o mundo sexa un escenario onde cadaquén baleirar o que leva dentro (A intervención) Un grupo de amigos, un tanto atípicos, forman un comando artístico-revolucionario co propósito de faceren unha intervención nas montañas do Courel, en concreto nunha mina a ceo aberto abandonada. Para […]

Continue reading about A intervención e Nimbos