eoidevigo on Maio 9th, 2013

  Chegamos ao final do curso e acaba tamén por este ano o club de lectura. A  derradeira sesión do ano académico será o día 24 de maio e nela contaremos coa presenza de Félix Caballero Wangüemert, xornalista que nos falará do seu libro O humor galego alén da retranca (Edicións Morgante, 2012). PRÓXIMA LECTURA: […]

Continue reading about O humor galego alén da retranca

eoidevigo on Abril 30th, 2013

As rapazas de Xan: Manuel Iglesias Turnes A lectura d’As rapazas de Xan cativoume dende a segunda palabra. Os sentimentos ían e viñan asemade polo camiño do relato e polo carreiro da miña vida. Debúxase nos meus beizos un sorriso e paro a lectura, pecho os ollos, mestúranse na artesa dos recordos cheiros, sons e […]

Continue reading about Sobre “As rapazas de Xan”

eoidevigo on Abril 17th, 2013

A lectura d’As Voces Baixas, de Manuel Rivas, foi un debullar de gozo pola miña parte. Fun descubrindo unha morea de frases tan interesantes que me sentín na obriga de parar e reflexionar, enchouparme da súa xenialidade! Como se pode ser tan bo? Sobrevivira aos infartos en segredo, pero eses silencios adoitan escribir en braille […]

Continue reading about Máis voces baixas

eoidevigo on Marzo 24th, 2013

Lera pouco de Manuel Rivas, algúns artigos de prensa e catro ou cinco novelas, pero As voces baixas removeron en min algo que estaba agochado alí onde non chega ou non quere chegar un case nunca. O meu pai foi carpinteiro encofrador en todas as obras máis importantes dos anos cincuenta e sesenta da cidade de Vigo. […]

Continue reading about As miñas voces baixas

eoidevigo on Marzo 16th, 2013

–Soy Salvio, Otilia mía, tu Salvio, respondeu este con dolor. –Sí… Salvio… ¿Por qué no estabas entonces en el baile? Si estuvieras no magnetizarían a tu Otilia, tú la defenderías… ¿Verdad que la defenderías, Salvio? ¡Salvio mío!   Otilia Non chores xa, malfadada xoia, o mal xa feito che está, oculto trala carauta da troula, […]

Continue reading about Otilia

eoidevigo on Marzo 7th, 2013

O venres pasado, día 1 de marzo, estivemos con Xosé A. Fernández Salgado e falounos da obra de Marcial Valladares Núñez Maxina, ou a filla espúrea. O seu concienciudo traballo / estudo da novela, e tamén da biografía do autor, fixo que o romance alcanzase maior interese. A exhaustiva explicación de cada detalle cobrou un […]

Continue reading about As voces baixas

   Este próximo venres, 1 de marzo, teremos connosco no Club de lectura 5.1 o profesor da Universidade de Vigo Xosé Antonio Fernández Salgado, máximo especialista na obra de Marcial Valladares e autor da mellor edición da novela Maxina, ou a filla espúrea. Falaremos con el sobre este importante autor do Rexurdimento e sobre a […]

Continue reading about Sesión do Club de lectura 5.1 con Xosé A. Fernández Salgado

eoidevigo on Febreiro 1st, 2013

Made in Galiza de Sechu Sende Foi un pracer ler un libro tan fresco e orixinal, cada un dos relatos é unha demostración de imaxinación, tenrura e retranca. Unha chamada á concienciación de que o idioma é noso, como tal temos o dereito de falalo e a obriga de protexelo.  Pais non me neguedes o […]

Continue reading about Sechu e Marcial

eoidevigo on Decembro 22nd, 2012

Meses do inverno fríos que eu amo a todo amar,                       meses dos fartos ríos                        e o doce amor do lar. Meses das tempestades, imaxe da delor que afrixe as mocidades e as vidas corta en frol. Chegade e, tras do outono que as follas fai caer, nelas deixá que o sono eu durma […]

Continue reading about Primeira sesión do 2013 do Club de lectura 5.1.

eoidevigo on Novembro 5th, 2012

Todo o meu ser está ligado á terra, sábeme a terra todo na memoria, terra o camiño, terra a miña historia, terra esta voz que no deserto berra C.E.F.   Despois da longa paréntese do verán e mais dun bocado do outono volvemos con novos e renovados azos con novas lecturas. Convocámosvos pois á primeira […]

Continue reading about Volve o Club de lectura 5.1.