eoidevigo on Marzo 8th, 2012

  O aire puro da mañá proclama   seu dereito a entrar en cada casa.                                                          Ábrelle as portas, patria! Dálle os teus seos, alma!   Deixa ese tufo acedo que te abafa, esquece estas mortallas, estiña as túas bágoas,                                                                                                      fala,                                                                                                                                canta,                                                                     arrumba a desespranza, non deixes que te aldraxen; aldraxa.                Onte non. Pensa […]

Continue reading about Deixa entrar a mañá clara na túa casa

eoidevigo on Febreiro 16th, 2012

Onte, 22 de febreiro acabamos o comentario de Ninguén de Fran Alonso Para a próxima reunión levaremos lidos os 20 primeiros poemas de Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro e os 7 primeiros capítulos de Extramunde, de Xavier Queipo (Edicións Xerais). A reunión será o 29 de febreiro, cuarta feira (mércores), de 17.30 […]

Continue reading about Celso Emilio e Xavier Queipo

eoidevigo on Xaneiro 13th, 2012

Está claro que a idea dun Cunqueiro xoguetón, desentendido da dimensión tráxica do ser humano, é radicalmente falsa. Foi un lugar común cuñado nos anos sesenta, cando se pensaba que os problemas máis conflitivos da existencia tiñan unha dimensión puramente histórica, chamados a disolverse maxicamente nun horizonte político en que se ía implantar por decreto […]

Continue reading about Novo libro: Ninguén

eoidevigo on Xaneiro 10th, 2012

Os lobos sans e as mulleres sas comparten certas características psíquicas: unha aguda percepción, un espírito crítico e unha elevada capacidade de afecto. Os lobos e as mulleres son sociábeis e inquisitivos por natureza e están dotados dunha grande forza e resistencia. Son tamén extremadamente intuitivos e preocúpanse con fervor polos seus descendentes, as súas […]

Continue reading about Mulleres que corren cos lobos

eoidevigo on Decembro 19th, 2011

Na pasada reunión do club de lectura (14 de decembro) conversamos sobre os capítulos 10, 11 e 12 e acordamos levar lidos á próxima até o final do libro. Son os capítulos titulados Aquel camiño era un vello mendiño e A novela de Mosiú Tabarie. A próxima reunión do Club de lectura será: Día: cuarta […]

Continue reading about Última sesión de Merlín e familia

eoidevigo on Novembro 21st, 2011

Os peitiños como dúas claudias raíñas, o van que se pode cinguir co rabo dunha rosa, os cialis-canada-pharma.com longos brazos que soergue cando canta, e as longas pernas coas que voa cando baila. Toda ela é un misterioso albafor, e aínda agora que o grande exército está cialis bph perdido nas areas e o Imperante […]

Continue reading about Reunión do club de lectura

eoidevigo on Outubro 25th, 2011

Ola a todos, amigas e amigos: Comezamos un novo curso informándovos da primeira reunión deste ano académico do Club de lectura. Como sabedes, foi antonte, mércores 19 de outubro. O que decidimos foi o seguinte: a) Continuar coa lectura de Merlín e familia, de Álvaro Cunqueiro, que ficara n’O camiño de quita e pon. Tendo […]

Continue reading about Club de Lectura 2011-2012