eoidevigo on Setembro 21st, 2015

carrizo ou carriza: Paxaro da orde dos paseriformes de pequeno tamaño, cor parda, rabo curto e ás arredondadas.Os carrizos fan un niño esférico cunha pequena abertura. Referencias: Portal das palabras Galipedia — — carriza: 1. carrizo (paxaro), 2. Vexetación formada por plantas da división das briófitas de ata uns cinco centímetros de altura, que cobre […]

Continue reading about carrizo/carriza

eoidevigo on Outubro 8th, 2014

ronsel s.m. 1. Escuma que deixa atrás de si unha embarcación cando navega. 2. Por extensión, rastro que deixa alguén ou algo que pasa. Fotos: Xelo dos Cans    

Continue reading about ronsel

eoidevigo on Maio 29th, 2014

  chopo s.m. Planta vivaz da familia das escrofulariáceas (Verbascum thapsus), con talo ergueito, cuberto de borra espesa e cincenta, follas abrancazadas, grosas, moi pilosas, flores en espiga, amarelas e froito capsular. SIN. verbasco. (Dic. Xerais) Propiedades medicinais: as flores teñen un pigmento amarelo que xa utilizaban as mulleres romanas para poren os cabelos louros. […]

Continue reading about chopo

eoidevigo on Febreiro 23rd, 2014

chafariz s.f. Fonte con un ou máis pichos por onde sae a auga a chorro. Fotos: Xelo dos Cans    

Continue reading about chafariz

eoidevigo on Xaneiro 24th, 2014

Autor da foto: Xelo toco s.m. Parte do tronco que fica na terra despois de cortada unha árbore. Sinónimos: cepa, cepo, cotaño, coto, cotón, couce, coza, cozo.

Continue reading about toco

eoidevigo on Maio 7th, 2013

Autora das fotos: Cruz Martínez Vilas pandeireta s.f. Pandeiro pequeno e redondo con ferreñas, que se toca movéndoo cunha man e golpeándoo contra a outra.

Continue reading about pandeireta

eoidevigo on Abril 30th, 2013

Autor das fotos: Xelo dos Cans estraloque s.m. 1. Planta silvestre da familia das escrofulariáceas (Digitalis purpurea), de talo ergueito, follas basais e inflorescencia de até 30 cm de alto con numerosas flores con forma de alferga, coa corola de cor púrpura ou rosada e interior branco punteado de vermello. 2. Flor desta planta. Sinónimos: […]

Continue reading about estraloque

eoidevigo on Marzo 23rd, 2013

Autora da foto: Victoria Garabatos nevada s.f. 1. Acción de nevar. 2. Cantidade de neve caída sen interrupción. Sinónimos: farrapada, cialis for bph folerpada, nevarada .

Continue reading about nevada

eoidevigo on Marzo 6th, 2013

Autora das fotos: Rosa Martínez Vilas palleira s.f. Construción rural, de forma xeralmente rectangular, feita sobre columnas e con moitas aberturas nas paredes para facilitar a ventilación, que se utiliza fundamentalmente para gardar o millo e outros produtos agrícolas. Sinónimos: cabaceira, cabaceiro, cabana, cabaz, cabazo, calostra, calustra, canastro, canizo, caustra, espigueiro, hórreo, palleira, paneira, piorno, […]

Continue reading about palleira

eoidevigo on Febreiro 16th, 2013

                caracocha dunha sobreira no Pico Sagro (Boqueixón) caracocha s.f. 1. Oco ou cavidade relativamente grande no toro dunha árbore. 2. Toro dunha árbore que presenta este oco ou cavidade. Sinónimos: caroca, carocha.

Continue reading about caracocha