eoidevigo on Febreiro 16th, 2013

                caracocha dunha sobreira no Pico Sagro (Boqueixón) caracocha s.f. 1. Oco ou cavidade relativamente grande no toro dunha árbore. 2. Toro dunha árbore que presenta este oco ou cavidade. Sinónimos: caroca, carocha.

Continue reading about caracocha

eoidevigo on Febreiro 12th, 2013

Nos escasos intres de acougo que comporta a Festa do Nadal nunha familia numerosa como a miña, puiden contemplar, non sen certo abraio, as insospeitábeis mudanzas que aconteceron nos nosos costumes dende que generic cialis eu era cativa. Estas xuntanzas adoitan ser conxunturas axeitadas para “axexar” a evolución nas formas de pensar e estar neste […]

Continue reading about Festas do Nadal na miña terra

eoidevigo on Febreiro 9th, 2013

Poema: Manuel Curros Enríquez Música: Os Tamara VÍDEO Unha noite na eira do trigo (Actualizamos a ortografía a partir do texto orixinal de Curros Enríquez , tal como o recolle a Real Academia Galega na súa biblioteca virtual)   Aires d’a miña terra “Cántiga” (páxina 13)                      CÁNTIGA No xardín unha noite sentada ao […]

Continue reading about Unha noite na eira do trigo

eoidevigo on Febreiro 1st, 2013

Made in Galiza de Sechu Sende Foi un pracer ler un libro tan fresco e orixinal, cada un dos relatos é unha demostración de imaxinación, tenrura e retranca. Unha chamada á concienciación de que o idioma é noso, como tal temos o dereito de falalo e a obriga de protexelo.  Pais non me neguedes o […]

Continue reading about Sechu e Marcial

eoidevigo on Xaneiro 30th, 2013

Autora da foto: Carmen Suárez Areal chanzo s.m. 1. Cada unha das superficies planas dunha escaleira, en que se vai pisando ao subir ou baixar. Sinónimos: banzo, paso. 2. Cada unha das travesas ou barras horizontais dunha escada, onde se apoian os pés. Sinónimos: banzo, paso

Continue reading about chanzo

eoidevigo on Xaneiro 24th, 2013

Nos pasados meses tivemos varias noticias sobre o decreto para o plurilingüismo no ensino. A primeira foi o informe do Consello de Europa no que nos achegan a súa preocupación pola redución do uso progresivo do galego en todos os niveis educativos desde a aprobación dese decreto e comprobaron que na práctica nin tan sequera se cumpren os niveis […]

Continue reading about Unha lingua para todos

eoidevigo on Xaneiro 23rd, 2013

Nesta cuarta entrega imos comentar unidades fraseolóxicas relacionadas coa alimentación, con comer. Todas elas foron recollidas polo Colectivo MLP. Vamos primeiro con dúas locucións moi correntes na nosa lingua: De quen come moi pouco dicimos que come como un paxariño ou como un pisco. Este último é o nome que lle damos na nosa zona […]

Continue reading about Perdóolle o mal que me fai polo ben que me sabe

eoidevigo on Xaneiro 2nd, 2013

Unha palabra pode revivir de dúas maneiras: volvendo a ser empregada despois dun esquecemento máis ou menos longo, ou empregándoa ben despois de a ter empregado confusamente ou mal por algún tempo. A palabra “enxebre”  vénse repetindo moito, e, non obstante, hai que a reanimar divulgando o seu nidio significado e tecendo arredor dela unha […]

Continue reading about Reviviscencia da palabra “enxebre”

eoidevigo on Decembro 22nd, 2012

Meses do inverno fríos que eu amo a todo amar,                       meses dos fartos ríos                        e o doce amor do lar. Meses das tempestades, imaxe da delor que afrixe as mocidades e as vidas corta en frol. Chegade e, tras do outono que as follas fai caer, nelas deixá que o sono eu durma […]

Continue reading about Primeira sesión do 2013 do Club de lectura 5.1.

eoidevigo on Decembro 15th, 2012

Na Toscana do 1610 a convicción de que a Lúa era unha esfera completamente lisa como unha bóla de billar sustentábase en consideracións tales como que esa mesma Lúa era o emblema da Virxe María da que recibía precisamente eses atributos de perfección sen mácula. Pero bastaba con mirar polo telescopio que acababa de construír […]

Continue reading about A lingua galega entre a realidade e a fantasía