eoidevigo on Novembro 13th, 2011

Este é, sen dúbida, un dos apartados do noso léxico-ortográfico que máis nos leva a confusións. Como veredes son moitas as posibles realizacións, mesmo con casos pertencentes ás mesmas categorías; polo tanto, tomade boa nota e traballádeas con atención. 1. Acaban en –ENTE: A maioría dos derivados de verbos da 2ª Conxugación:   Vertente, nacente,  […]

Continue reading about Palabras rematadas en -NTE

eoidevigo on Novembro 10th, 2011

Autora das fotos: Mónica Vizcaya Vázquez Fonte: http://www.digalego.com s. f. Muíño fariñeiro que posúe unha gran roda hidráulica situada verticalmente e que se pon en movemento ao caer a auga nas súas pas. VAR: aceña. Acea en Salceda de Caselas

Continue reading about acea

eoidevigo on Novembro 9th, 2011

Autor das fotos: Francisco Díaz Lorenzo Nome científico: Calaminta nepeta Fonte: http://www.digalego.com Planta herbácea, da familia das lamiáceas, que presenta o talo ergueito, pubescente, as follas ovadas cialis reviews e obtusas, as inflorescencias con flores tubulares, pediceladas e agrupadas en cimas de cor rosa ou lila e o froito formado por catro núculas. Lat. SIN: […]

Continue reading about nébeda

eoidevigo on Novembro 7th, 2011

A partir do pasado venres (28 de outubro) pódese ver nas salas comerciais de toda Galiza a longametraxe Simbad, adaptación cinematográfica da obra de Álvaro Cunqueiro Se o vello Simbad volvese ás illas. A dirección e o guión da película son de Antón Dobao e entre os actores están Xosé Olveira Pico, Sara Casasnovas, Mariña […]

Continue reading about O Simbad de Cunqueiro no cine

eoidevigo on Outubro 25th, 2011

Nesta segunda entrega ofrecemos 12 locucións adverbiais máis ou menos correntes recollidas na viguesa freguesía de Matamá. Están tiradas do interesantísimo traballo titulado Fraseoloxía de Matamá (Vigo) publicado en Cadernos de fraseoloxía por unha  antiga alumna nosa, Anxos Hermida Alonso. Pódese ver o traballo completo nesta ligazón: http://www.cirp.es/pls/bdox/inv.cfg_detalle?p_id=290 Para esta publicación adaptamos lixeiramente as entradas […]

Continue reading about 12 locucións adverbiais

eoidevigo on Outubro 25th, 2011

Ola a todos, amigas e amigos: Comezamos un novo curso informándovos da primeira reunión deste ano académico do Club de lectura. Como sabedes, foi antonte, mércores 19 de outubro. O que decidimos foi o seguinte: a) Continuar coa lectura de Merlín e familia, de Álvaro Cunqueiro, que ficara n’O camiño de quita e pon. Tendo […]

Continue reading about Club de Lectura 2011-2012

eoidevigo on Outubro 25th, 2011

Poema: Celso Emilio Ferreiro, “O lobo” Música: Suso Vaamonde VÍDEO Galiza insubmissa-flv O LOBO Detrais de cada home está ouveando un lobo. Un lobo que te come e ten comesto ó pobo. Canto pode perderse telo xa ben perdido. Pro non hai que doerse nin rosmar un laído. Canto pode chorarse telo xa ben chorado. […]

Continue reading about O lobo

eoidevigo on Outubro 23rd, 2011

Poema: Álvaro Cunqueiro Música: Amancio Prada Por oír a unha rula decir de amor, amiga, namorado vou! Por mirar as cerdeiras como botan fror, amiga, namorado vou! Por verte e non te vere no verde prado, amiga, namorado vou! Porque non me non queres por teu namorado! amiga, namorado vou! No vento porei este meu […]

Continue reading about Amiga, namorado vou

eoidevigo on Outubro 22nd, 2011

Continue reading about O carro galego

eoidevigo on Outubro 21st, 2011

Poema: Manuel María Música: Fuxan os Ventos Non canta na Chá ninguén, por éso, meu carro canta, canta o seu eixo tan ben que a señardade me espanta. Non hai canto tan fermoso: fino coma un asubío, anque é, as vegadas, saudoso faise no ar rechouchío. O meu carro é cerna dura: sábese carballo e […]

Continue reading about O carro