eoidevigo on Outubro 25th, 2011

Nesta segunda entrega ofrecemos 12 locucións adverbiais máis ou menos correntes recollidas na viguesa freguesía de Matamá. Están tiradas do interesantísimo traballo titulado Fraseoloxía de Matamá (Vigo) publicado en Cadernos de fraseoloxía por unha  antiga alumna nosa, Anxos Hermida Alonso. Pódese ver o traballo completo nesta ligazón: http://www.cirp.es/pls/bdox/inv.cfg_detalle?p_id=290

Para esta publicación adaptamos lixeiramente as entradas nalgún aspecto e consignamos só as formas xerais fronte ás variantes locais. Igualmente prescindimos de consignar a información doutros colaboradores (Colectivo MLP) e a autoría dos exemplos.

 

a cachón loc. adv. 1. Formando burbullas, con forza. [Úsase co verbo ferver]. Cando entrei na cociña a pota do caldo fervía a cachón. 2. Moito, con forza, en cantidade. [Utilízase con verbos como chover, sangrar e rir]. Contaron contos cos que rimos a cachón. | Vaia bategadas! Chovía a cachón!

a paso de galiña loc. adv. COL. Con lentitude, moi devagar. –Non dás chegado. –É que vin a paso de galiña.

a pé firme loc. adv. De pé e sen se mover. Hoxe como houbo misa maior tiven que estar todo o tempo a pé firme.

a toque de caixa loc. adv. COL. A toda présa e á forza, baixo presión, sen un respiro. [Úsase con verbos como andar, baixar, marchar, saír, traer…]. Cando vin o que os cativos fixeran no cuarto mandeinos baixar a toque de caixa.

 

como area / máis que area loc. adv. COL. En abundancia, en cantidade. [Úsase con verbos como abundar, gañar, haber, ter…]. –Vai pescar alí, que nesa zona haiche polbo como area. | Vaia abrigo que ten Nicanor! Xa me dá envexa. –A calquera, o que pasa é que o pai ten máis cartos que area.

como un rei nunha cesta (e esta polo río abaixo) loc. adv. COL. Moi ben, moi comodamente, moi á vontade. [Úsase con verbos como encontrarse, estar ou ir]. Manuel co traballo está coma un rei nunha cesta.

de gaivota loc. adv. COL. Fóra da casa, na rúa a pasear ou divertirse. [Dise xeralmente como recriminación ou crítica e úsase xeralmente con verbos como andar, ir e saír]. Nena, teu irmán foi á tenda como lle mandei? –Non, hoxe anda de gaivota por aí.

de moca loc. adv. COL. Á custa doutro ou doutros; sen pagar, gratuitamente. –Non vaias para aquel recanto que está a túa prima e sempre lle gusta andar de moca. –Ben dito, que gaste do seu forrollo.

de pau de caldeiro loc. adv. COL. A esperar, parado, no medio e sen facer nada, sen participar, coma un pasmón. [Úsase con verbos como estar e ir]. Ouve, mozo, o noso acabouse. Teño máis que facer que botar dúas horas de pau de caldeiro na alameda a esperar por un desleixado coma ti.

a(os) rebolos / de rebolos loc. adv. Dando voltas sobre si mesmo [xeralmente algo que se bota ou lanza]. O rapaz caeu de rebolos pola pendente abaixo.

de varanda loc. adv. COL. A divertirse. [Úsase xeralmente con verbos como andar, ir e saír]. Non me dá chegado este fin de semana, penso andar por aí de varanda.

sempre e mais despois loc. adv. COL. Arreo. Ti nunca cansas, queres festa sempre e mais despois. | Non me rompas a cabeza, falas sempre e mais despois.

eoidevigo on Outubro 25th, 2011

Ola a todos, amigas e amigos:

Comezamos un novo curso informándovos da primeira reunión deste ano académico do Club de lectura. Como sabedes, foi antonte, mércores 19 de outubro. O que decidimos foi o seguinte:

a) Continuar coa lectura de Merlín e familia, de Álvaro Cunqueiro, que ficara n’O camiño de quita e pon. Tendo en conta que se incorporan ao club novos membros, decidimos levar lido á próxima xuntanza o seguinte capítulo (A princesiña que quería casar) mais tamén ler desde o principio para nos pormos tod@s ao tanto do libro. Xa dixemos nalgún momento que con esta obra cumpría dosificar a cantidade de páxinas lidas de cada vez, pois, polo estilo de Cunqueiro, cheo de detalles, é difícil lembrármonos se lemos moitas páxinas.
É agora unha boa ocasión para coñecermos e afondarmos na obra do grande autor mindoniense pois celebramos o centenario do seu nacemento neste 2011.

b) Facer as reunións nos mércores de 17.30 a 19.00 h. cada 15 días.

A seguinte será por tanto o 2 de novembro na cafetaría á espera de conseguirmos unha aula para as facer.

c) Levar ideas para actividades á parte das habituais até agora: comentarios no blog.

d) Mellorar e facer máis variados os contidos do blog.

E retomando cousas do curso anterior, lembremos que aínda non publicamos as fotos da camiñada polas beiras do río Eifonso, na viguesa freguesía de Bembrive. Foi a última das actividades do curso pasado. As que tirou Chelo F. podedes velas na páxina da EOI de Vigo ou nesta ligazón:

http://eoidevigo.blogspot.com/

Un aviso: en decembro visitaremos a Xosé Neira Vilas e coñeceremos algúns lugares da súa terra. Teredes máis información.

Para acabar, esta foi a última anada do noso club de lectura:

Os ollos de K. de Antón Ribeiro Coello
Denso recendo a salgado de Manuel Portas
A esmorga de Eduardo Blanco Amor
Morning Star de Xosé Miranda
Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas

Tivo boa dúbida!!

Vémonos na seguinte reunión.

eoidevigo on Outubro 25th, 2011

Poema: Celso Emilio Ferreiro, “O lobo”
Música: Suso Vaamonde

VÍDEO

Galiza insubmissa-flv

O LOBO

Detrais de cada home
está ouveando un lobo.
Un lobo que te come
e ten comesto ó pobo.

Canto pode perderse
telo xa ben perdido.
Pro non hai que doerse
nin rosmar un laído.

Canto pode chorarse
telo xa ben chorado.
Pro non hai que calarse
nin sentirse abafado.

Podés todo ganalo
se despertas e loitas.
Co corazón che falo
galego que me escoitas.

A túa hora é esta:
colle a fouce meu povo,
ergue a testa, protesta
e dempois mata o lobo.

eoidevigo on Outubro 23rd, 2011

Poema: Álvaro Cunqueiro
Música: Amancio Prada

Por oír a unha rula dicir de amor,
amiga, namorado vou!

Por mirar as cerdeiras como botan fror,
amiga, namorado vou!

Por verte e non te vere no verde prado,
amiga, namorado vou!

Porque non me non queres por teu namorado!
amiga, namorado vou!

No vento porei este meu lume novo
porque ardan as rulas, as cerdeiras e todo!
Amiga, namorado vou!

eoidevigo on Outubro 22nd, 2011

eoidevigo on Outubro 21st, 2011

Poema: Manuel María
Música: Fuxan os Ventos

Non canta na Chá ninguén,
por éso, meu carro canta,
canta o seu eixo tan ben
que a señardade me espanta.
Non hai canto tan fermoso:
fino coma un asubío,
anque é, as vegadas, saudoso
faise no ar rechouchío.
O meu carro é cerna dura:
sábese carballo e freixo.
iQué fermosa e a sua feitura!
iQué lixereza a do eixo!
As cousas vanse aledando
por onde meu carro pasa.
iCarrétame herba pro gando!
iTraime a colleita pra casa!

eoidevigo on Outubro 20th, 2011

Este é outro dos aspectos que provocan vacilacións á hora de escribir correctamente as palabras que teñen esta terminación. Aquí volas damos clasificadas para unha mellor referencia de busca. Palabras en “-idade

price of cialis

Alteridade ancianidade brevidade brusquidade
Calidade calosidade castidade catividade
Consanguinidade contemporaneidade curtidade desconformidade
Descontinuidade dispoñibilidade enfermidade escuridade
Falsidade fastosidade frouxidade gravidade
Humidade idade levidade mocidade
Monstruosidade necidade novidade nulidade
Parvidade personalidade pouquidade rendibilidade
sequidade soidade subxectividade Sucidade
vaguidade vaidade xeneralidade

Palabras en “-iedade”

viagra cialis levitra

ansiedade arbitrariedade contrariedade
copropiedade impiedade impropiedade
nimiedade notoriedade piedade
precariedade propiedade saciedade
seriedade sobriedade sociedade
solidariedade variedade

Palabras en “-eidade

cialis online

Aseidade contemporaneidade deidade
Espontaneidade idoneidade simultaneidade
Veleidade

Palabras en “-uidade”

acuidade ambigüidade antigüidade
asiduidade contigüidade descontinuidade
fatuidade inxenuidade perpetuidade
promiscuidade ubicuidade vacuidade

Palabras en “-tade

vontade dificultade facultade
maxestade metade potestade
tempestade

Palabras en “-ndade

Bondade Cristiandade divindade
Irmandade Mesquindade orfandade
Ruindade Trindade virxindade

Palabras noutra “consoante+dade

deslealdade herdade irmandade
Lealdade liberdade mesquindade
Mortaldade Señardade puberdade
eoidevigo on Outubro 20th, 2011

Todos nós podemos contribuír á recuperación da riqueza do noso idioma. É sinxelo. Trátase de o usarmos o mellor que saibamos e de o mellorarmos estudándoo e coñecéndoo mellor.
Tamén podemos axudar a difundir formas (palabras, expresións, acepcións) que coñezamos e que ás veces non son moi coñecidas. Desta maneira contribuímos ao coñecemento de equivalentes para traducir (por exemplo, unidades fraseolóxicas) doutros idiomas que son os que ás veces nos veñen á memoria. Porque é evidente que coñecemos menos a nosa fraseoloxía propia que a do castelán pois aínda hoxe os medios que temos para a difundir son bastante escasos nos medios de comunicación. Infelizmente.

Nesta sección iremos publicando frases feitas do noso idioma que o alumnado e outras persoas nos foron dicindo. Ben porque son frases que coñecen de sempre ou ben porque as ouviron espontaneamente.

Comezamos a sección cunha expresión ben bonita que xurdiu espontaneamente na aula en boca dunha alumna. A expresión non a achamos en ningún dicionario. Posteriormente eu mesmo llela preguntei a diferentes persoas con pouco éxito. Só unha alumna nos confirmou o coñecemento desta expresión por persoas en Sober. Si a coñeciamos dun traballo de Manuel Leiras Pulpeiro publicado en 1998 (Costumes antigos en Galiza) que nos di o seguinte:

Os casamentos celebran-se case sen excepción en Sábado, e se por imperiosas razóns hai que aproveitar outro día, calquer é indiferente menos o Martes, no que non se fai nengun, xulgando-os de mal agoiro, e o Venres, do que tamén se foxe por ter sido o da Paixón, din, e non consentir-se neles comer carne e promiscuar, como é normal en toda festa de boda, unha das poucas en que se mete o pote grande no pequeno.

Eis a primeira unidade fraseolóxica do noso dicionario:

meter [u.p.] o pote grande dentro do pequeno
loc. ver. COL. Facer un banquete farturento e que non se fai habitualmente. Este ano non se fixo a festa, mais metemos o pote grande dentro do pequeno.

[Recollido en Souto, Vilaquinte, Carballedo; inf. e ex. de Anunciación Grande Grande / meter o pote grande no pequeno (Sober-Lugo, inf: Ana Torreiro Vázquez)].

Enviade as vosas colaboracións ao seguinte correo electrónico: eoi.vigo.galego@gmail.com

eoidevigo on Outubro 19th, 2011

Poema: Manuel Curros Enríquez, “O Maio”

Música: Luís Emilio Batallán

eoidevigo on Outubro 18th, 2011

Guión: Xaquín Lourenzo “Xocas” e Antonio Román
Narrador: Xaquín Lourenzo
Participan: veciñanza da comarca de Lobeira (A Limia)
Ano: 1940