eoidevigo on Marzo 2nd, 2012

Autor das fotos: Pedr’Ocabalo onda s.f. Masa de auga que executa un movemento de elevación seguido de abaixamento, cialis for sale deslocándose debido á acción do vento ou das correntes. SIN. vaga ona no areal de Malpica de Bergantinhos Ondas no areal de Malpica de Bergantinhos

cialis patriots Ondas no areal de Malpica de Bergantinhos, Galiza (agosto de 2009)

ai, ondas que eu vin veer,

se me saberedes dizer

por que tarda meu amigo

sen min?

ai, ondas que eu vin mirar,

se me saberedes contar

por que tarda meu amigo

sen min?

(Cantiga VII de Martín Codax [século XIII])

Vídeo: http://internetaula.ning.com/video/ai-ondas

     

eoidevigo on Marzo 2nd, 2012

ENTERAR(SE)

Hai palabras ou expresións de uso habitual na nosa lingua que moitos falantes non senten como alleas mais que o son e que proban a intensidade da presión do español na nosa terra. Sen dúbida son moitos anos e séculos nos cales o idioma, ou máis ben os falantes, careceron absolutamente de dereitos. Sen entrarmos agora a desenvolver este asunto (a historia externa da nosa lingua), digamos que o que debemos facer é, despois de termos consciencia destes casos, substituílos canto antes polas nosas formas auténticas.

 

Nesta sección iremos incluíndo comentarios de diferentes aspectos sobre a lingua. Este primeiro é de tipo léxico. Eis unha posíbel ficha para traducirmos un verbo moi introducido na nosa lingua: enterar(se)

 

castelán ENTERAR(SE)   tradución
 v. tr. 1. Comunicar <up> [uc] a [up]: Nos enteraron de lo sucedido.

 

|| v. prnl. 2. Adquirir <up> conocimiento de [uc]: Me he enterado de tu desgracia.

 

 

3. Comprender <up> [uc]: No se enterará de nada si no hablas claro.

 

4. Darse <up> cuenta [de algo]: Está en Babia todo el día y no se entera de nada

 

 1. Informar, pór ao corrente, comunicar, contar, dicir, advertir [a alguén]. Informáronnos do sucedido.

 

2. Saber, informarse, coñecer, ter coñecemento, ser sabedor, pórse ao corrente: Souben da túa desgraza.

 

3. Comprender, entender: Non vai entender nada se non falas claro.

 

4. Darse conta, decatarse, apercibirse [de algo], reparar [en algo]: Está na verza todo o día e non se dá conta de cousa ningunha.

 

 

eoidevigo on Febreiro 16th, 2012

Onte, 22 de febreiro acabamos o comentario de Ninguén de Fran Alonso

Para a próxima reunión levaremos lidos os 20 primeiros poemas de Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro e os 7 primeiros capítulos de Extramunde, de Xavier Queipo (Edicións Xerais).

A reunión será o 29 de febreiro, cuarta feira (mércores), de 17.30 a 19.00 na aula 38 da EOI de idiomas de Vigo.

Non vos esquezades de nos enviar comentarios sobre a excursión do sábado pasado e sobre o libro de Fran Alonso.

 

 

Velaquí, ademais, o primeiro comentario sobre a excursión do sábado 11:

Este sábado fomos de excursión coa EOI a visitar a Neira Vilas. Tivemos a oportunidade de estar con el na súa casa que é asemade fundación. Esta ten un pequeno auditorio onde se dan conferencias, representacións teatrais, etc.; biblioteca para adultos e nenos. Un lugar reducido pero cheo de vida e recordos en forma de esculturas, debuxos de artistas galegos mesturados cunha morea de libros.

No auditorio deleitounos cunha conferencia-coloquio sobre a súa vida dende a infancia ata agora, pasando pola súa estancia en Bos Aires. É neste lugar onde coñece e se relaciona con toda a intelectualidade da cultura galega que se atopa exiliada, como Díaz Pardo, Seoane, Paz Andrade, Castelao, e moitos máis. Tamén fala da súa actividade na Habana, compatibilizando o traballo para gañar a vida coa faceta cultural.

Pareceume unha persoa entrañable, próxima, chea de sabedoría, moi falangueiro, que te podías achegar a el e falarlle sen ningún problema, como se fose un máis, ou sexa que non é nada estirado. Despois de comer na súa compaña, tivemos unha tertulia literaria sobre o libro as Memorias, na cal díxonos que non se explicaba o éxito e a proxección internacional deste, aínda que quizais a sona radica na súa sinxeleza e contar a realidade da aldea que el coñeceu na infancia, mais non a viviu de forma tan dura como Balbino, aínda que el é Balbino nas inquedanzas e pensamentos.

Foi unha grande oportunidade o poder coñecer e compartir unhas horas cunha lenda vivente da cultura galega e que leva toda vida loitando pola nosa lingua. E quero expresar o meu agradecemento ás persoas que propiciaron que se levara a cabo, aos profesores Xosé e Moncho. Moitas grazas.

Á parte desta xuntanza, tamén gozamos dunha fermosa paisaxe e paseo no río Ulla coas súas seis insuas e a ponte medieval Ledesma que separa as provincias de Pontevedra e A Coruña. Rematando a excursión cunha visita ao Mosteiro de Carboeiro e á fervenza da Toxa. Foi unha viaxe de luxo e ledicia. 

Bene Freiría

 

eoidevigo on Febreiro 7th, 2012

Aquí tendes outro grupo de terminacións que decote nos levan a confusión.

Lédeas con atención para o seu uso correcto.

Palabras rematadas en “-EIRISMO”

obreirismo filibusteirismo estranxeirismo
compañeirismo brasileirismo bandoleirismo

Palabras rematadas en “-ERISMO”

verismo pauperismo manierismo
iberismo histerismo esoterismo
churriguerismo

Palabras rematadas en “-EIRISTA”

carteirista

Palabras en “-EIRÍA”

cialis bph

Mariñeiría Freiría

Estranxeiría

Apeiría

Palabras en “-EIREIRO”

celeireiro madeireiro
peneireiro sombreireiro

Palabras en “-ÁDEGO”

portádego pontádego – (pontaxe)

padroádego – (padroado)

deádego – (deado) bravádego

Palabras en “-ÁDEGA”

nádega engádega – (engadido)

Palabras rematadas en “-ERA”

calquera chistera galera habanera
pantera primavera quenquera quimera
sequera

Palabras rematadas en “-ERO”

austero bolero esmero ibero
severo sincero tempero

Data:    Sábado, 11 de febreiro
Saída:    9.30 h
Chegada:    21.30 h
Lugar de saída:    Escola de Idiomas
Prezo:    18 €  (autobús + xantar)
(inscricións na conserxaría da EOI)

9.30 h    Saída da EOI de Vigo.
11.00 h  Visita ás Insuas do río Ulla comunicadas por pasos e pontes.
Ponte Ledesma. Ponte medieval das máis grandes de Galicia.
12.30 h  Encontro na casa do escritor Xosé Neira Vila
Rememorar co escritor o 50º aniversario de Memorias dun neno labrego.
Visitaremos o museo etnográfico e a biblioteca da fundación que preside.

14.00 h  Xantar – tertulia con Neira Vilas  
(Entrante, carne ao caldeiro, sobremesa, café e bebidas)
16.30 h    Visita á Fervenza do río Toxa.
Unha das máis espectaculares da nosa terra.
18.00 h    Visita ao Mosteiro de Carboeiro.
Sobre o río Deza, con idílicos arredores e interior deste mosteiro medieval.

Nota:
As persoas que quixeren xantar pola súa conta na área de lecer das Insuas, só pagarán 8 € pola viaxe.

 

eoidevigo on Xaneiro 17th, 2012

Estes días de xaneiro con moi baixas temperaturas poden ser bos para lembrarmos expresións relativas á temperatura. A que figura como título foi recollida en Vilalba (Lugo) por M. Xesús Guizán e é ben expresiva. A carqueixa como sabemos, é unha planta de montaña e ben dura, así que se a carqueixa treme xa pode ir frío.

carqueixa con flores

Outras maneiras máis correntes de dicir que vai moito frío son as seguintes:

vai un frío que corta

vai un frío que non paran nin os cans (atados)

Para nos referirmos a cando algo está moi frío empregamos comparacións estereotipadas coloquiais como as seguintes:

(frío) como a neve / máis frío que a neve ou (frío) como o xeo / máis frío que o xeo.

Tamén dicimos de algo frío que está (frío) como un corno / máis frío que un corno.

Naturalmente, cando vai frío, trememos (tamén por causa do medo), e, en relación con isto, temos a locución bater os dentes e tremer como unha vara verde ou tremer como un xunco (na auga).

Se temos os pés moi fríos podemos expresalo coa locución ter os pés que se [lle] beben, recollida en Santa Comba de Bande por Rosa Martínez e Alexandra Fernández.

Cando unha cousa está fría podémoslle tirar o medo, ou sexa, amornala ou tirarlle o frío: Ponme ese leite ao lume un pouco para lle tirar o medo.

Para quecer debemos pórnos ao quente ou abrigarnos, mais tamén podemos tomar bebidas ben quentes e, xaora, non hai que esquecer pechar a porta:

pecha/pechade a porta que escapa o gato!
fór. COL. HUM. [Dise cando se quere que se peche a porta dalgún local porque entra frío]. Outra vez! Pechade a porta que escapa o gato!

eoidevigo on Xaneiro 13th, 2012

Está claro que a idea dun Cunqueiro xoguetón, desentendido da dimensión tráxica do ser humano, é radicalmente falsa. Foi un lugar común cuñado nos anos sesenta, cando se pensaba que os problemas máis conflitivos da existencia tiñan unha dimensión puramente histórica, chamados a disolverse maxicamente nun horizonte político en que se ía implantar por decreto o reino da felicidade. Cunqueiro foi vítima dos que xulgaron a arte en xeral baixo o prisma daquel erro e por esa razón a súa literatura non puido ser lida ou interpretada en toda a fondura que alcanzaba. Entendida como un divertimento intranscendente, a obra do escritor mindoniense non permite acceder ao seu significado esencial, que queda oculto por aspectos lúdicos que non son máis que unha parte moi externa, aínda que importante, sen dúbida, dese significado. 

5.1 / 5.1 / 5.1

A literatura de Álvaro Cunqueiro non é unha literatura evasiva, senón unha poética elaborada contra a traxedia da existencia humana. O que sucede é que como a traxedia resulta inseparable da vida mesma, para burlala ou eludila momentaneamente, Cunqueiro proponnos o mito dunha Idade Dourada, que equivale a convidarnos á conquista dun espazo feliz. Non se trata, no entanto, de erguer un muro de música ou de agradables arrecendos como barreira para ocultar unha realidade dura ou desagradable, senón dunha proposta para emprender unha viaxe cara a esa meta imposible. Esta viaxe, que non acaba senón no acontecemento ineludible da morte, só ten sentido cando se emprende a través dos soños e das fábulas.

(Carlos Casares, Un país de palabras, 1998)

  Na reunión do club de lectura de antonte (11-01-2012) acabamos de ler e  comentar Merlín e familia e decidimos   o seguinte libro de lectura. O título escollido é Ninguén e o autor Fran Alonso. [http://cabrafanada.blogspot.com/]. Está en Edicións Xerais. Para a próxima reunión leremos até a páxina 98.

 A próxima reunión do Club de lectura  será:

Día: cuarta feira (mércores), 25 de xaneiro de   2012

Hora: de 17.30 a 19.00

Lugar: aula 38 da EOI de Vigo

 

eoidevigo on Xaneiro 10th, 2012

Os lobos sans e as mulleres sas comparten certas características psíquicas: unha aguda percepción, un espírito crítico e unha elevada capacidade de afecto. Os lobos e as mulleres son sociábeis e inquisitivos por natureza e están dotados dunha grande forza e resistencia. Son tamén extremadamente intuitivos e preocúpanse con fervor polos seus descendentes, as súas parellas e a súa manda. Son expertos na arte de adaptarse ás circunstancias sempre cambiantes e son feramente leais e valentes. E, no entanto, ambos os dous foron perseguidos, fustrigados e falsamente acusados de voraces, astutos e demasiado agresivos e de valer menos ca os seus detractores. Foron o albo daqueles que non so quixeran limpar a selva senón tamén o territorio salvaxe da psique, sufocando o instintivo ata o punto de cialis professional non deixar nin rastro http://cialis-canada-pharma.com/side-effects.html del. A depredación que exercen sobre os lobos cialis directions e as mulleres aqueles que non os comprenden é sorprendentemente similar. Este texto foi extraído da obra de ensaio de Clarissa Pinkola Estés Mujeres que corren con los lobos. Pareceume interesante para as compañeiras do club de lectura. Amalia

eoidevigo on Xaneiro 7th, 2012

Palabras MASCULINAS en “-ume”

http://cialis-canada-pharma.com/

acedume acume agrume albume
alcume alume arume azume
batume betume brume cacume
cardume cerrume cerume cheirume
chorume chousume comechume costume
cume estrume ferume fume
gafume gume inchume legume
lume nume perfume pesadume
queixume teitume vagalume valume
volume zume negrume

  Palabras FEMININAS en “–ume”

mansedume servidume
eoidevigo on Decembro 19th, 2011

Na pasada reunión do club de lectura (14 de decembro) conversamos sobre os capítulos 10, 11 e 12 e acordamos levar lidos á próxima até o final do libro. Son os capítulos titulados Aquel camiño era un vello mendiño e A novela de Mosiú Tabarie.

A próxima reunión do Club de lectura será:

Día: cuarta feira (mércores), 11 de xaneiro de 2012

Hora: de 17.30 a 19.00

Lugar: aula 38 da EOI de Vigo

 

A seguir recollemos uns fragmentos da historia A serea grega.

Ouvirades a voz con que aquela fermosísima señora falando cantaba! Hai paxaros que teñen o canto misterioso, pro non hai comparanza que valla. Quen a ouvira polas mañáns en vez da rula!

***

Mentiría se dixese que puiden durmir co aquela febre apertada e inqueda que se me puxo no corpo. Un sentir louco que me roeu moitos días, e aínda agora que vello vou por veces me distrae, e vólvome porque paréceme que escoito, na auga que pasa, aquel manso dicir cantor que tiña, e medio en verso, e a min mesmo, louco, bulrándome, na ocasión pregunto: ¿que me queres, amor?

 

Tags: