eoidevigo on Novembro 20th, 2011

As terminacións que a seguir vos mostramos clasificadas levan ás veces a confusións que, deste xeito, podemos corrixir con maior facilidade.

 

 

Palabras en “-IENCIA”

 

SABER

sapiencia, (sabenza), sabedoría

PROVIR proveniencia
(DES)OBEDECER (des)obediencia CONVIR conveniencia
IMPACIENTAR impaciencia PACIENTE paciencia
(IN)EXPERTO (in)experiencia (IN)EFICACIA

(in)eficiencia

DÉFICIT deficiencia OÍR audiencia

 

(in)suficiencia inmunodeficiencia omnisciencia
conciencia (in)consciencia inconveniencia

 

 

Palabras en “–ENCIA”

 

OCORRER ocorrencia OMNIPODER omnipotencia
CONDOER condolencia APARENTAR aparencia
RETICENTE reticencia HABILIDADE habelencia

 

concupiscencia aquiescencia
delicuescencia  

 

 

Palabras en “–ENZA, -INZA, -ANZA”

 

DOER doenza CRER crenza
FERVER fervenza HABER habenza
PERTENCER pertenza INFLUÍR influenza (gripe) / influencia
SABER sabenza(sapiencia) NACER nacenza

 

(DES)AVIR (des)avinza    

 

COMPARAR comparanza PERSEVERAR perseveranza


 

Palabras en “-EZ, -EZA”

 

AFOUTO afouteza AGUDO agudeza
ALTIVO

Altivez – altiveza

BARATO barateza, baratura
BRAVO braveza, bravura CATIVO cativeza
CRU crueza DELGADO delgadeza, fraqueza
ESCASO escaseza ESTREITO estreiteza
FRACO fraqueza INCERTO incerteza
LARGO largueza, largura, ->anchura MADURO madurez, madureza
MIÚDO miudeza, miudanzas MOL moleza
SINXELO sinxeleza->simplicidade    

 

eoidevigo on Novembro 13th, 2011

Este é, sen dúbida, un dos apartados do noso léxico-ortográfico que máis nos leva a confusións. Como veredes son moitas as posibles realizacións, mesmo con casos pertencentes ás mesmas categorías; polo tanto, tomade boa nota e traballádeas con atención.

1. Acaban en –ENTE:

  • A maioría dos derivados de verbos da 2ª Conxugación:

 

Vertente, nacente atraente, pertencente, etc.

Excepcións: (des)obediente

  • Os seguintes derivados de verbos da 3ª conxugación:

 

Abrente Adquirente Asistente
Concernente Conducente Consistente
Contraproducente Deprimente Dirixente
Dormente Escribente Esixente
Incidente Intransixente Lucente
Maldicente Persistente Referente
Relucente Remitente Requirente
Residente Resistente Servente
Sobrevivente Supervivente Suplente
Transixente Tremelucente Vivente

 

2. Rematan en –INTE:

Oínte Radiooínte Saínte
Seguinte Sobresaínte Subseguinte

 

3. Rematan en –IENTE:

  • Os seguintes derivados da 2ª conxugación:

 

Obediente Desobediente

 

  • Os seguintes derivados de verbos da 3ª conxugación:

 

Balbuciente Expediente Nutriente
Parturiente Recipiente Saliente – Sobresaliente

 

  • Dentro desta conxugación, os derivados do verbo VIR rematan todos en  -VENIENTE

 

Conveniente Inconveniente Deveniente
Interveniente Proveniente  

 

  • Tamén rematan en –iente as seguintes palabras:

 

Aliciente Ambiente Autosuficiente
Cociente Coeficiente Consciente
Deficiente Eficiente Emoliente
Estupefaciente Excipiente Gradiente
Impaciente Incipiente Inconsciente
Ineficiente Ingrediente Insuficiente
Saliente Omnisciente Paciente
Rubefaciente Sobresaliente Subconsciente
Suficiente    

 

4. Rematan en –UÍNTE:

  • Os derivados dos seguintes verbos acabados en –UÍR:

 

Constituínte Concluínte Contribuínte Reconstituínte

 

5. Rematan en –UENTE:

  • Os verbos acabados en –FLUÍR:

 

Afluente Confluente Fluente Influente Subafluente

 

  • Os derivados dos seguintes verbos da 3ª conxugación:

 

Argüente Delincuente  

 

  • Tamén rematan en –uente as seguintes palabras:

 

Altilocuente Anuente Congruente
Consecuente Elocuente Frecuente
Incongruente Inconsecuente Infrecuente
Subsecuente    
eoidevigo on Novembro 10th, 2011

Autora das fotos: Mónica Vizcaya Vázquez

Fonte: http://www.digalego.com

s. f. Muíño fariñeiro que posúe unha gran roda hidráulica situada verticalmente e que se pon en movemento ao caer a auga nas súas pas.

VAR: aceña.

Acea en Salceda de Caselas

eoidevigo on Novembro 9th, 2011

Autor das fotos: Francisco Díaz Lorenzo Nome científico: Calaminta nepeta Fonte: http://www.digalego.com

Planta herbácea, da familia das lamiáceas, que presenta o talo ergueito, pubescente, as follas ovadas cialis reviews

e obtusas, as inflorescencias con flores tubulares, pediceladas e agrupadas en cimas de cor rosa ou lila e o froito formado por catro núculas. Lat.

SIN: néboda.

eoidevigo on Novembro 7th, 2011

A partir do pasado venres (28 de outubro) pódese ver nas salas comerciais de toda Galiza a longametraxe Simbad, adaptación cinematográfica da obra de Álvaro Cunqueiro Se o vello Simbad volvese ás illas. A dirección e o guión da película son de Antón Dobao e entre os actores están Xosé Olveira Pico, Sara Casasnovas, Mariña Sampedro, Luís Castro Zahera e Antonio Duran Morris.
Podedes completar esta información aquí:

http://www.crtvg.es/crtvg/crtvgviva/xose-olveira-pico-declarouse-un-privilexiado-por-dar-vida-na-pantalla-a-sinbad

http://www.laregion.es/opinion/12404/

Unha boa ocasión para vermos cine galego.

eoidevigo on Outubro 27th, 2011

Poema: Popular
Música: (Tradicional) Uxía Senlle

VÍDEO

 

UXIA _ CRISTINA FERNANDEZ – ALALA DAS MARIÑAS

Teño unha casiña branca
na Mariña entre loureiros,
teño paz e teño amor
e estou vivindo no ceo.

Ailalala, ailalala..

E adiós á miña casiña,
portelo do meu quinteiro,
auga da miña fontiña,
sombra do meu laranxeiro

Ailalala, ailalala..

eoidevigo on Outubro 25th, 2011

Nesta segunda entrega ofrecemos 12 locucións adverbiais máis ou menos correntes recollidas na viguesa freguesía de Matamá. Están tiradas do interesantísimo traballo titulado Fraseoloxía de Matamá (Vigo) publicado en Cadernos de fraseoloxía por unha  antiga alumna nosa, Anxos Hermida Alonso. Pódese ver o traballo completo nesta ligazón: http://www.cirp.es/pls/bdox/inv.cfg_detalle?p_id=290

Para esta publicación adaptamos lixeiramente as entradas nalgún aspecto e consignamos só as formas xerais fronte ás variantes locais. Igualmente prescindimos de consignar a información doutros colaboradores (Colectivo MLP) e a autoría dos exemplos.

 

a cachón loc. adv. 1. Formando burbullas, con forza. [Úsase co verbo ferver]. Cando entrei na cociña a pota do caldo fervía a cachón. 2. Moito, con forza, en cantidade. [Utilízase con verbos como chover, sangrar e rir]. Contaron contos cos que rimos a cachón. | Vaia bategadas! Chovía a cachón!

a paso de galiña loc. adv. COL. Con lentitude, moi devagar. –Non dás chegado. –É que vin a paso de galiña.

a pé firme loc. adv. De pé e sen se mover. Hoxe como houbo misa maior tiven que estar todo o tempo a pé firme.

a toque de caixa loc. adv. COL. A toda présa e á forza, baixo presión, sen un respiro. [Úsase con verbos como andar, baixar, marchar, saír, traer…]. Cando vin o que os cativos fixeran no cuarto mandeinos baixar a toque de caixa.

 

como area / máis que area loc. adv. COL. En abundancia, en cantidade. [Úsase con verbos como abundar, gañar, haber, ter…]. –Vai pescar alí, que nesa zona haiche polbo como area. | Vaia abrigo que ten Nicanor! Xa me dá envexa. –A calquera, o que pasa é que o pai ten máis cartos que area.

como un rei nunha cesta (e esta polo río abaixo) loc. adv. COL. Moi ben, moi comodamente, moi á vontade. [Úsase con verbos como encontrarse, estar ou ir]. Manuel co traballo está coma un rei nunha cesta.

de gaivota loc. adv. COL. Fóra da casa, na rúa a pasear ou divertirse. [Dise xeralmente como recriminación ou crítica e úsase xeralmente con verbos como andar, ir e saír]. Nena, teu irmán foi á tenda como lle mandei? –Non, hoxe anda de gaivota por aí.

de moca loc. adv. COL. Á custa doutro ou doutros; sen pagar, gratuitamente. –Non vaias para aquel recanto que está a túa prima e sempre lle gusta andar de moca. –Ben dito, que gaste do seu forrollo.

de pau de caldeiro loc. adv. COL. A esperar, parado, no medio e sen facer nada, sen participar, coma un pasmón. [Úsase con verbos como estar e ir]. Ouve, mozo, o noso acabouse. Teño máis que facer que botar dúas horas de pau de caldeiro na alameda a esperar por un desleixado coma ti.

a(os) rebolos / de rebolos loc. adv. Dando voltas sobre si mesmo [xeralmente algo que se bota ou lanza]. O rapaz caeu de rebolos pola pendente abaixo.

de varanda loc. adv. COL. A divertirse. [Úsase xeralmente con verbos como andar, ir e saír]. Non me dá chegado este fin de semana, penso andar por aí de varanda.

sempre e mais despois loc. adv. COL. Arreo. Ti nunca cansas, queres festa sempre e mais despois. | Non me rompas a cabeza, falas sempre e mais despois.

eoidevigo on Outubro 25th, 2011

Ola a todos, amigas e amigos:

Comezamos un novo curso informándovos da primeira reunión deste ano académico do Club de lectura. Como sabedes, foi antonte, mércores 19 de outubro. O que decidimos foi o seguinte:

a) Continuar coa lectura de Merlín e familia, de Álvaro Cunqueiro, que ficara n’O camiño de quita e pon. Tendo en conta que se incorporan ao club novos membros, decidimos levar lido á próxima xuntanza o seguinte capítulo (A princesiña que quería casar) mais tamén ler desde o principio para nos pormos tod@s ao tanto do libro. Xa dixemos nalgún momento que con esta obra cumpría dosificar a cantidade de páxinas lidas de cada vez, pois, polo estilo de Cunqueiro, cheo de detalles, é difícil lembrármonos se lemos moitas páxinas.
É agora unha boa ocasión para coñecermos e afondarmos na obra do grande autor mindoniense pois celebramos o centenario do seu nacemento neste 2011.

b) Facer as reunións nos mércores de 17.30 a 19.00 h. cada 15 días.

A seguinte será por tanto o 2 de novembro na cafetaría á espera de conseguirmos unha aula para as facer.

c) Levar ideas para actividades á parte das habituais até agora: comentarios no blog.

d) Mellorar e facer máis variados os contidos do blog.

E retomando cousas do curso anterior, lembremos que aínda non publicamos as fotos da camiñada polas beiras do río Eifonso, na viguesa freguesía de Bembrive. Foi a última das actividades do curso pasado. As que tirou Chelo F. podedes velas na páxina da EOI de Vigo ou nesta ligazón:

http://eoidevigo.blogspot.com/

Un aviso: en decembro visitaremos a Xosé Neira Vilas e coñeceremos algúns lugares da súa terra. Teredes máis información.

Para acabar, esta foi a última anada do noso club de lectura:

Os ollos de K. de Antón Ribeiro Coello
Denso recendo a salgado de Manuel Portas
A esmorga de Eduardo Blanco Amor
Morning Star de Xosé Miranda
Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas

Tivo boa dúbida!!

Vémonos na seguinte reunión.

eoidevigo on Outubro 25th, 2011

Poema: Celso Emilio Ferreiro, “O lobo”
Música: Suso Vaamonde

VÍDEO

Galiza insubmissa-flv

O LOBO

Detrais de cada home
está ouveando un lobo.
Un lobo que te come
e ten comesto ó pobo.

Canto pode perderse
telo xa ben perdido.
Pro non hai que doerse
nin rosmar un laído.

Canto pode chorarse
telo xa ben chorado.
Pro non hai que calarse
nin sentirse abafado.

Podés todo ganalo
se despertas e loitas.
Co corazón che falo
galego que me escoitas.

A túa hora é esta:
colle a fouce meu povo,
ergue a testa, protesta
e dempois mata o lobo.

eoidevigo on Outubro 23rd, 2011

Poema: Álvaro Cunqueiro
Música: Amancio Prada

Por oír a unha rula decir de amor,
amiga, namorado vou!

Por mirar as cerdeiras como botan fror,
amiga, namorado vou!

Por verte e non te vere no verde prado,
amiga, namorado vou!

Porque non me non queres por teu namorado!
amiga, namorado vou!

No vento porei este meu lume novo
porque ardan as rulas, as cerdeiras e todo!
Amiga, namorado vou!